Estadio Municipal de Chapín
Coordenadas: 36°41′21″N 6°7′13″W / 36.68917°N 6.12028°W
| Panorámica do estadio | |
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Jerez de la Frontera |
| Arquitecto | Cruz y Ortiz |
| Inauguración | 28 de xuño de 1988 |
| Superficie | Céspede |
| Capacidade | 20.523 |
| Dimensións | 105 x 68 m. |
| Propietario | Concello de Jerez de la Frontera |
| Localía | Xerez CD |
| Eventos | |
O Estadio Municipal de Chapín é a estrutura máis representativa do Complexo Deportivo homónimo situado próximo ao centro histórico de Jerez de la Frontera, Cádiz (España).
En 1988 foi inaugurado cun partido entre o Xerez CD e o Real Madrid, coa intención de substituír ao antigo Estadio Domecq que foi derrubado ese mesmo ano. En 2002 foi reformazado completamente para albergar os Xogos Ecuestres Mundiais de 2002. Tras a celebración deste evento, o estadio volveu ser adaptado para acoller outras disciplinas deportivas e outros diversos actos públicos, entre os que destacan o fútbol e o atletismo.
Un aspecto representativo do estadio é a localización de dous grandes edificios anexos. Nunha das súas esquinas, entre tribuna e fondo norte, sitúase o hotel de catro estrelas AC Chapín, cunha terraza e habitacións con vistas ao interior do recinto, que en días de partido soben o seu prezo. Na esquina oposta, entre as seccións de preferencia e fondo sur, atópase emprazado un Centro de Alto Rendemento, que serve de apoio ao gran videomarcador do estadio.