Escudo de Praga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Escudo da cidade de Praga (en checo: Znak hlavního města Prahy) está inspirado no escudo de armas do Cidade Vella. A versión actual data de 1918, sufriu algunhas modificacións en 1964. O deseño actual é de 1991.

Deseño[editar | editar a fonte]

Hai 12 bandeiras a cada lado do escudo de armas, que representan os distritos de Praga.

No centro do escudo está escrita unha inscrición en cor amarela: PRAGA CAPUT REI PUBLICAE, (que en latín significa "Praga Capital da República").

Historia[editar | editar a fonte]

O brazo que suxeita a espada na porta da cidade apareceu por primeira vez no emblema da Cidade Vella de Praga en 1648. Foi un agasallo do emperador Fernando III de Habsburgo para celebrar a vitoria sobre os suecos durante a Guerra dos Trinta Anos.