Escudo de Kenya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coat of arms of Kenya.svg

O escudo de Kenya foi aprobado o 15 de outubro de 1963. É un escudo terzado en faixa, de cor sable (negro), a división superior; de goles (vermello) con bordos de prata (branco), a división central; e de sinople (verde), a inferior.

A cor negra, o vermello acompañado por dous bordos brancos e o verde son as cores nacionais. O negro representa a xente de Kenya, o verde a agricultura e os recursos naturais, o vermello a loita pola liberdade e o branco representa a unidade e a paz. A franxa vermella do centro leva un galo de prata que sostén un machado que, segundo costumes locais, representa unha nova e próspera vida. O escudo e as lanzas simbolizan a unidade e a defensa da liberdade. Os soportes do escudo son dous leóns de Kenya, símbolo da protección, erguéndose sobre un fondo que contén os produtos agrícolas do país, café, peletre, sisal, té, millo e piñas.

O pergamiño que contén o lema nacional “Harambee” (Traballemos Xuntos) sostén o escudo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]