Escritura especular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo de Wikipedia con escritura especular.
No lado esquerdo está escrita a palabra dereita en alemán, con escritura especular.
As notas no Home de Vitruvio de Leonardo da Vinci están en escritura especular.

A escritura especular ou escritura en espello é un método de escritura que se logra trazando o lapis sobre o papel na dirección oposta á que é usada pola maioría dos amanuenses, de tal xeito que o resultado é unha imaxe en espello (investida) da escritura habitual. O seu emprego máis común, cando o idioma se escribe desde a esquerda cara á dereita, é por parte de persoas zurdas. Ás veces utilízase como unha forma extremadamente primitiva de cifrado. O seu exemplo máis común na actualidade pode verse á fronte das ambulancias, onde a palabra "AMBULANCIA" aparece en escritura especular co obxectivo de que os condutores que se atopen diante dela lean a palabra no sentido normal nos seus espellos retrovisores.

Leonardo da Vinci é famoso porque en moitas das súas anotacións persoais utilizou este método que combinaba co uso de siglas e abreviacións para facer máis difícil a súa lectura por outras persoas. Só utilizaba o xeito estándar de escritura se tiña previsto que as súas anotacións fosen leidas por outras persoas. Leonardo dá Vinci era ambidiestro, e adoitaba escribir coa esquerda, o que provocaba que a tinta o manchase facilmente se escribía en escritura estándar, é dicir, de esquerda a dereita. Tamén puido querer evitar, con este procedemento, que as súas ideas fosen roubadas por outros ou ocultalas da Igrexa Católica, cuxas ideas con frecuencia eran opostas.Modelo:Compre referencia

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Vídeo[editar | editar a fonte]

http://www.youtube.com/watch?v=HiDaYhq47Ds

Véxase tamén[editar | editar a fonte]