Saltar ao contido

Errare humanum est

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Errare humanum est é unha locución latina que significa literalmente "o erro é humano". O noso refraneiro di: "ao mellor galgo escápaselle unha lebre". Considérase que o feito de equivocarse é intrínseco á natureza humana, polo que hai que aceptar os erros, e aprender deles para evitar que se repitan. A frase entrou na linguaxe común como un aforismo co que se busca mitigar un fallo, un erro, sempre e cando sexa esporádico e non se repita. A expresión latina completa é: errare humanum est, sed perseverare diabolicum; que traducida literalmente significa: "errar é humano, pero perseverar (no erro) é diabólico." En xeral esta locución é atribuída a Santo Agostiño de Hipona, pero podemos atopar varios precedentes noutros autores clásicos como Cicerón e outros escritores católicos temperáns. Aínda así é difícil asignarlle a paternidade definitiva da idea a algún autor, xa que é moi antiga e remóntase ó sentido común de todos os tempos[1].

Historia e variantes

[editar | editar a fonte]

Basicamente refírese (aínda que non literalmente) a unha expresión de Santo Agostiño.

O exemplo máis antigo podémolo atopar en Cicerón, (Filípica XII 5.), onde podemos ler: Cuiusvis hominis est errare: nulius nisi insipientis, in errore perseverare ("é propio de calquera home errar, pero ningún home agás o ignorante ten dereito a perseverar no erro")[2].

Algunhas fontes [3] atribúen erroneamente a paternidade desta locución a Séneca o Vello (55 a.C. aprox -. 40 d.C.), aínda que ten outra similar en Exc. Controv. 4.3.: "per humanos errores" ("por erros humanos")[4] .

A primeira fonte cristiá que contén unha frase semellante é San Xerome (errase humanum est, Epist. 57.12)[3] . Máis tarde, Santo Agostiño de Hipona, nos seus Sermóns (164, 14), di: humanum fuit errare, diabolicum est per animositatem in errore manere ("errar é humano, quedar no erro por malevolencia persistente é diabólico”)[5].

No 1709, o poeta británimo Alexander Pope escribiu a variante: “cometer erros é humano, perdoar é divino”[6]. A comezos do século XX, Buster Brown, un protagonista dos cómics de Richard F. Outcault, exclamou logo dunha tentativa fracasada de incubar ovos na mellor das poltronas de súa nai: “experiencia docet. Sic semper idem. Humanum est errare”[7]. (A experiencia ensina. Así sempre permanecerá igual. É humano cometer erros.) Ao presidente dos Estados Unidos Theodore Roosevelt remóntase a variante: “fracasar é malo, pero é incluso peor non ter intentado nunca ter éxito”[8]. No 2011, Lluís Llort propón outra: “pensar diferéncianos das bestas, errar, dos robots”[9] nun artigo no que lle asigna, erroneamente, a paternidade do orixinal a Séneca.

Significado

[editar | editar a fonte]

O significado é claro: equivocarse é parte da natureza humana; non obstante, isto non pode ser un factor agravante para repetir un erro, senón un medio para aprender da experiencia.

  1. Ingrid E. M. Edlund-Berry, «Experientia docet: What Experience Can Teach According tot Lucretius, Taciitus and Buster Brown», Rome and Her Monuments: Essays on the City and Literature of Rome in Honor of Katherine A. Geffcken, Bolchazy-Carducci , 2000, páxina 510, ISBN 978-0-86516-457-4
  2. Cicerón Philippicae XII 5 -The Latin Library
  3. 3,0 3,1 Katherine A. Geffcken, Sheila Kathryn Dickison, Judith P. Hallett Bolchazy-Carducci Publishers, 2000 - 617 páxinas. <<Rome and Her Monuments: Essays on the City and Literature of Rome in Honor of Katherine A. Geffcken >>
  4. Séneca, L. AnnaeiI Senecae Maioris Excerpta Controversiarum Libri Quarti - The Latin Library
  5. Santo Agostiño, Sermo 164, "Donatistas quid in errore detineat"
  6. «To err is human, to forgive is divine»: Alexander Pope, An Essay on criticsm tom II
  7. Buster Brown, citado por Ingrid Edlund-Berry, ibíd
  8. It is hard to fail; but it is worse never to have tried to succeed. (inglés) de Theodore Roosevelt, «Speach before de Hamilton Club, 1899», The Strenuous Life, volum IV, Stylwell, K.S., Digireads.com Publishing, 2008, páxina 7, ISBN 978-1-4209-3107-5
  9. Lluís Llort, «“Errare humanum est”», Avui, 27 de xuño de 2011, páxina 31

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]