Marcus Lucius Annaeus Seneca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marco Lucio Anneo Séneca (Marcus Lucius Annaeus Seneca), tamén coñecido coma Séneca o vello, nado en Corduba no 54 a. C. e falecido cara ao 39, foi un orador romano e escritor.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia influente da orde ecuestre. O seu praenomen é descoñecido, aínda que se acepta a conxectura de Rafael de Volterra de chamalo Marco. Durante unha longa estancia en Roma, Séneca acudiu ás lecturas de oradores e retóricos famosos, mentres se preparaba para unha carreira como avogado. o seu orador ideal foi Cicerón, desaprobando o costume da súa época polas florituras oratorias.

Durante a guerra civil romana, permaneceu en Corduba, o que lle privou de escoitar os discursos de Cicerón, sendo probable que as súas simpatías, do mesmo xeito que ocorreu con outros moitos cordobeses, estivesen con Pompeyo.

Tivo tres fillos coa súa esposa Helvia de Corduba: L. Annaeo Novato, adoptado polo amigo do seu pai o orador Xuño Galio, e posteriormente chamado Lucio Xuño Galio; Lucio Anneo Séneca, o filósofo e Marco Anneo Mela, pai do poeta Marco Anneo Lucano.

Ao morrer antes de que o seu fillo fose exiliado por Claudio no ano 41, e as últimas referencias nos seus escritos son inmediatamente posteriores á morte de Tiberio, estímase que morreu no ano 39.

Obras[editar | editar a fonte]

A unha idade avanzada, a petición dos seus fillos, preparou, de memoria, unha colección de distintos temas ecolares e o seu tratamento por oradores gregos e romanos. Estes presentáronse en dez libros de controversias (casos legais imaxinarios), nos que se discuten setenta e catro casos, dándose a opinións dos retóricos sobre cada caso desde distintos puntos de vista, a súa división en distintas preguntas simples (divisio) e, finalmente, os mecanismos para facer aparecer o negro como branco e as circunstancias atenuantes (cores).

Cada libro tiña un prefacio como introdución, no cal as características dos retóricos individuais eran discutidos dun xeito animado. O traballo está inconcluso, pero as partes en branco poden ser llanadas de certa forma coa axuda dos epitomes realizados nos séculos IV e V para o uso das escolas. Elementos románticos foron utilizdos na colección de anécdotas e contos chamada Gesta Romanorum. Nos libros I, II, VII, IX e X tense tanto o orixinal como o epítome. Nos restantes unicamente disponse dos epítomes. Ata coa axuda dos mesmos, só sete prefacios están dispoñibles.

As Controversiae estaban complementados polos Suasorie (exercicios de oratoria), na que se discutía sobre as cousas que se debería ou non facer. A totalidade da obra forma o estudo máis importante sobre a historia da oratoria moderna.

Séneca tamén foi o autor dun traballo histórico sobre a Historia de Roma, desde o inicio da guerra civil ata case a súa propia morte, que foi publicado polo seu fillo. Do mesmo coñécese parte pola obra de Lucio Anneo Séneca De vita patris, cuxo inicio foi descuberto por Barthold Georg Niebuhr. A autoría dos traballos do pai foi outorgada ao fillo durante a idade media, ata que foi vindicado por Rafael de Volterra e Xusto Lipsio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]