Epoxi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Epoxi ou poliepóxido é un polímero termoestable formado pola reacción producida entre unha recina epoxi base e un axente catalizador.

Química[editar | editar a fonte]

Estrutura dun prepolímero de recina epoxi sen modificar. n denota o número de subunidades polimerizas e que pode ir de 0 ata 25
Estrutura de TETA, un catalizador común. Os grupos amina (NH) reaccionan cos grupos NH da recina durante a polimeración.

Epoxi é un copolímero, está formado por cando menos dous grupos, a recina e o catalizador. A recina consiste en monómeros cun grupo epóxido en cada extremo. As recinas epoxi máis comúns son as producidas pola reacción entre epicloridrina e bisfenol A. O catalizador consiste en monómeros de poliamina, por exemplo trietilentetramina (TETA). Cando estes compostos se mesturan xuntos, os grupos de amina reaccionan cos grupos epóxidos formando unha unión covalente. Cada grupo NH pode reaccionar con cada grupo epóxido, así que o polímero resultante esta fortemente entrelazado, e é rexo e duro.[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras recinas epoxi non comezaron a se sintetizar ata 1891 [3] pero o seu uso comercial non empezou ata mediados da década de 1930 polo labor de Pierre Castan en Suíza e Greenlee nos Estados Unidos[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Epoxy Chemistry". http://www.csuchico.edu/~jpgreene/m247/m247_ch02/sld023.htm. 
  2. "Epoxy Polymers". http://chem.chem.rochester.edu/~chem424/epoxy.htm. 
  3. I. Hamerton Recent Developments in Epoxy Resins. Rapra, Shawbury (1996), p. 5
  4. Fred Aftalion A History of the International Chemical Industry. Chemical Heritage Foundation, Filadelfia (2001), p. 228