Eneagrama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eneagramas mostrados como estrelamentos secuenciais.

Na xeometría, un eneagrama (do grego ἐννέα, ennéa, «nove», e γράμμα, grámma, «trazo») é unha estrela de nove puntas, chamada tamén nonagrama.

Eneagrama regular[editar | editar a fonte]

Un eneagrama regular (un polígono estrelado de nove lados) é construído utilizando os mesmos puntos que un eneágono regular pero conectado en pasos fixos. Ten dúas formas, representadas por un símbolo de Schläfli como {9/2} e {9/4}, conectando cada segundo e cuarto puntos respectivamente.

Existe tamén unha figura estrelada, {9/3} ou 3{3}, feita a partir dos puntos dun eneágono regular pero conectados como un composto de tres triángulos equiláteros.[1][2] (Se os triángulos están entrelazados de maneira alternada, resulta nun enlace Brunniano.) Esta figura estrelada é coñecida en ocasións como a estrela de Goliat, sendo {6/2} ou 2{3} a estrela de David.[3]

8-simplex t0.svg
Grafo completo K9
Nonagon.svg
Eneágono {9/1}
Star polygon 9-2.svg
Polígono estrelado {9/2}
Star polygon 9-3.svg
Figura estrelada 3{3}
Star polygon 9-4.svg
Polígono estrelado {9/4}

Outras figuras de eneagramas[editar | editar a fonte]

Enneagram 9-4 icosahedral.svg
O estrelamento final do icosaedro ten caras de eneagrama. É un poliedro estrelado 9/4, pero os vértices non están igualmente espazados.

O Eneagrama da Personalidade e o eneagrama do Cuarto Camiño utilizan un eneagrama irregular que consiste nun triángulo e un hexagrama irregular.
Bahai star.svg
A estrela de nove puntas bahá'í.

Uso na cultura popular[editar | editar a fonte]

  • Slipknot, unha banda de heavy metal, utiliza o eneagrama da figura estrelada |9/3| como o seu símbolo. [1]
  • A estrela de nove puntas pode simbolizar os nove regalos ou froitos do espírito santo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grünbaum, B. e G. C. Shephard; Tilings and Patterns, New York: W. H. Freeman & Co., (1987), ISBN 0-7167-1193-1.
  2. Grünbaum, B.; Polyhedra with Hollow Faces, Proc of NATO-ASI Conference on Polytopes ... etc. (Toronto 1993), ed T. Bisztriczky et al., Kluwer Academic (1994) pp. 43-70.
  3. Weisstein, Eric W. "Nonagram". From MathWorld - A Wolfram Web Resource. http://mathworld.wolfram.com/Nonagram.html
  4. Our Christian Symbols by Friedrich Rest (1954), ISBN 0-8298-0099-9, páxina 13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]