Endotoxina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A endotoxina é un composto tóxico que se atopa no interior dos axentes patóxenos, como poden ser as bacterias.

O prototipo das endotoxinas son os lipopolisacáridos (LPS) que se atopan nas paredes celulares de varias bacterias Gram negativas. Mesmo o termo LPS utilízase ás veces como sinónimo de endotoxina xa que se aplicou por primeira vez para se referir ao descubrimento que partes da bacterias Gram negativas podían causar toxicidade, os estudos que se efectuaron posteriormente revelaron que a endotoxina debíase aos lipopolisacáridos. Non obstante hai endotoxinas diferentes ao LPS como a Listeria monocytogenes, que é unha bacteria Gram positiva