Emilio Rodríguez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio Rodríguez Fernández

Emilio Rodríguez Fernández, nado en Celanova cara a 1885 e finado no mesmo concello o 1 de outubro de 1931, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1913.[1] Médico da beneficencia municipal de Celanova. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Celanova en 1924. Presentou a dimisión en novembro de 1924 por incompatibilidade co delegado gobernativo do partido de Celanova.[2] Cesou como alcalde en 1926. Finou en Celanova o 1 de outubro de 1931 con 46 anos.[3][4]


Predecesor:
?
 
Alcalde de Celanova
 
1924 - 1926
Sucesor:
José Meleiro Fernández

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaceta de Galicia, 12-12-1913, p. 2.
  2. La Voz de la Verdad, 20-11-1924, p. 1.
  3. Galicia, 2-10-1931, p. 5.
  4. Galicia, 6-10-1931, p. 3.