Elvira Lodeiro González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElvira Lodeiro González
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (27/28 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Elvira Lodeiro González, nada en Pontevedra en 1908 e finada na mesma cidade o 19 de decembro de 1936, foi unha política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casada co chofer da liña de autobuses a Cangas Juan Manuel Gómez Corbacho. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na defensa da República que se orquestrou desde o Goberno Civil de Pontevedra ata a súa rendición, o 20 de xullo. Foi detida o 12 de decembro con Consuelo Acuña Iglesias e o irmán desta Ramón Acuña Iglesias, nunha acción na que resultaron mortos Manuel Méndez Montes e o seu home. Xulgados en consello de guerra sumarísimo por rebelión militar ao día seguinte, foron condenados á pena de morte. Consuelo e Ramón foron fusilados ao amencer do 14 de decembro. Elvira dixo que estaba embarazada e adiáronlle a sentenza, pero acabou executada o 19 de decembro de 1936, alegando que as probas médicas descartaran o estado de gravidez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]