Elias Howe
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elias Howe (nado en Spencer, Massachusetts o 9 de xullo de 1819 e falecido en Nova York o 3 de outubro de 1867), foi un inventor estadounidense.
Foi pioneiro na creación da máquina de coser, aínda que o seu inventor fora Walter Hunt. En setembro de 1846 concedéuselle a primeira patente dunha máquina de coser. A patente foi denunciada ante os tribunais na década de 1850, debido a que o invento pertencía a Walter Hunt que o inventara anteriormente sen patentala. O que fixo Howe foi perfeccionala e remodelala.
Foi soterrado no camposanto de Gravesend, en Nova York.