Eli Lilly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lilly en 1885.

Eli Lilly, nado en Baltimore o 8 de xullo de 1838 e finado en Indianápolis o 6 de xuño de 1898 foi un militar, químico, farmacéutico, industrial e empresario estadounidense. É coñecido por ser o fundador da corporación farmacéutica Eli Lilly and Company.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alistouse no Exército da Unión durante a Guerra de Secesión e recrutou un grupo de homes para formar unha batería de artillería. Posteriormente foi ascendido a coronel e deuselle o mando dunha unidade de cabaleiría. Preto do final da guerra foi capturado e permaneceu prisioneiro ata que esta rematou. Máis tarde intentou controlar unha prantación en Misisipi, pero fracasou e retomou a súa profesión de farmacéutico despois da morte da súa esposa. Volveu a casar e traballou en varias farmacias antes da apertura do seu propio negocio en 1876, con proxectos para fabricar menciñas e comercializalas ao por maior.

A súa empresa resultou exitosa e ao pouco tempo consiguíu benestar económico, despois de realizar numerosos avances na fabricación de produtos medicinais. Dous dos primeiros adiantos que promoveu foron a creación de cápsulas de xelatina para conter medicamentos e a mestura de menciñas líquidas con un saborizante frutal. Eli Lilly and Company foi unha das primeras empresas farmacéuticas da súa clase, creando como parte da súa organización un departamento de investigación e poñendo en funionamento numerosas medidas para garantir a calidade.

Filantropía[editar | editar a fonte]

Lilly utilizou a súa riqueza para comprometerse en numerosas causas filantrópicas. En 1890 cedeu a dirección da empresa ao seu fillo para poder adicarse ás súas actividades de caridade e de progreso cívico como actividade principal. Axudou a fundar a organización que se convertería na Cámara de Comercio de Indianápolis, foi o patrocinador principal da sucursal de Indiana da Charity Organization Society e financiou persoalmente a creación do hospital para nenos da cidade, que despois foi ampliado polo estado para converterse no James Whitcomb Riley Hospital for Children. Seguiu participando activamente con moitas organizacións ata a súa morte a causa do cancro en 1898.

Foi defensor da regulación federal da industria farmacéutica e moitas das reformas que suxeriu foron promulgadas como lei en 1906, causando a creación da Food and Drug Administration (FDA). Tamén estivo entre os pioneiros do concepto de prescripción e axudou a crear o que se convertería en práctica común de dar menciñas adictivas ou perigosas só a quen primeiro consultara a un médico. A empresa que fundou converteuse dende entón nunha das corporacións farmacéuticas máis grandes e máis influentes no mundo, así como a corporación máis grande de Indiana. Co patrimonio que xerou, o seu fillo e netos crearon a fundación Lilly Endowment para continuar coa súa herdanza filantrópica. A fundación é considerada un dos benefactores máis grandes do mundo, en termos de activos e donacións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]