Elena Filatova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elena Filatova.

Elena Vladimirovna Filatova (en ruso, Елена Владимировна Филатова, e en ucraíno, Елена Володимирівна Філатова), nada en Prypiat, Kiev en 1974, é unha fotógrafa e motera coñecida polas súas viaxes á chamada zona morta de Chernóbil.[1][2][3]

Fotografías e viaxes en moto[editar | editar a fonte]

Filatova é coñecida co pseudónimo KiddOfSpeed. Na súa páxina web hai varias fotos realizadas nas súas viaxes a Chernóbil xunto á Central nuclear de Chernóbil, Pripyat e outras localidades deshabitadas logo da catástrofe de 1986.

Entre os seus traballos fotográficos inclúense vivendas, casas do pobo, escolas e un parque de atraccións cunha noria, cuxa apertura estaba prevista para o 1 de maio de 1986 e que na actualidade está oxidado. Filatova en cada unha a historia e os detalles a modo de reportaxe. Sempre que viaxa, faino cunha moto e cun permiso especial que a acredita para entrar na zona de exclusión ela soa.

Con todo, guías turísticos e outros turistas afirman que a viron nunha viaxe organizada.[4] Un dos guías, Yuriy Tatarchuk, lembrou que Filatova realizou a viaxe cunha chaqueta de coiro. Tempo despois creou o sitio web.[5]

Outros traballos[editar | editar a fonte]

Ademais das fotos Chernóbil, entre os seus proxectos máis recentes está a foto-reportaxe sobre o Muro da Serpe, preto de Kiev. Na reportaxe, Filatova explora unha zona rodeada por unha antiga muralla con modernas fortificacións construídas durante a II Guerra Mundial; tamén fala sobre a historia da Revolución de Outubro de 1917 e a invasión nazi a Ucraína.

Outras ligazóns da súa web mostran o fotodiario realizado por ela do día da Revolución Laranxa de Ucraína. En marzo de 2007, publicou novas fotos dos arredores da área de Chernóbil que foron tomadas máis recentemente.

Na súa páxina web aparecen outras imaxes sobre gulags construídos durante a era de Iosif Stalin. Nas súas últimas reportaxes falou tamén sobre as protestas durante as eleccións xerais de 2004 no país cando o Presidente Yanukovich gañou de xeito irregular fronte a Yushenko.[6]

En 2011, cando se produciu a catástrofe da Central Nuclear do Fukushima, escribiu outro fotorreportaxe sobre o accidente baixo o titulo Chernobyl Journal (Volume 5).[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Chernobyl...18 Years Later". 6 de marzo de 2004. http://science.slashdot.org/article.pl?sid=04/03/05/2127221. Consultado o 5 de novembro de 2006. 
  2. "Latest Chernobyl Motorcycle Photos". 26 de marzo de 2004. http://slashdot.org/article.pl?sid=04/03/25/1441232. Consultado o 5 de novembro de 2006. 
  3. "Slashback: Fairness, Radioactivity, Recovery". 20 de maio de 2004. http://slashdot.org/article.pl?sid=04/05/20/236211. Consultado o 5 de novembro de 2006. 
  4. "Chernobyl motorcycling fake!". 30 de abril de 2004. http://www.uer.ca/forum_showthread.asp?fid=1&threadid=8951. Consultado o 5 de novembro de 2006. 
  5. Pripyat Journal; New Sight in Chernobyl's Dead Zone: Tourists. 15 de xuño de 2005. 
  6. Stolen Election "The people who cast the votes decide nothing. The people who count the votes decide everything.", Elenafilatova.com.
  7. Chernobyl journal (volume 5), marzo de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]