Eleccións xerais do Perú de 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As eleccións xerais do Perú de 2011 realizáronse o 10 de abril do ano 2011, co fin de elixir as persoas que ocupen varios dos máis altos cargos do Estado da República do Perú durante o período 2011-2016. Renováronse os cargos políticos do Poder Executivo e do Poder Lexislativo. A segunda volta electoral realizouse o 5 de xuño de 2011, entre os dous candidatos máis votados na primeira volta para escoller o novo Presidente e Vicepresidentes da República.

Os cargos que se elixiron foron os seguintes:

  • Elección presidencial:
    • Presidente Constitucional da República
    • Primeiro Vicepresidente da República
    • Segundo Vicepresidente da República
  • Elección congresal:
130 Congresistas da República, repartidos en certo número correspondente a cada rexión do país segundo a poboación electoral.

No caso da elección presidencial, realizouse unha segunda ronda electoral entre os dous candidatos coas máis altas votacións, debido a que ningún dos candidatos obtivo o 50% máis 1 voto dos votos validamente emitidos.

Os parlamentarios elixidos xuramentaron e asumiron funcións o 26 de xullo de 2011; o Presidente Constitucional da República e os seus vicepresidentes electos fixérono o 28 de xullo de 2011.

Organización e convocatoria[editar | editar a fonte]

As eleccións foron convocadas o 5 de decembro de 2010 polo Presidente Constitucional da República do Perú (elixido democraticamente nas eleccións xerais de 2006), Alan García, mediante o Decreto supremo Nº 105-2010.

As candidaturas inscríbense ante o Xurado Nacional de Eleccións polos partidos políticos e as alianzas electorais, con seis meses de anticipación á elección.

O establecemento do padrón electoral correspondeulle ao Rexistro Nacional de Identificación e Estado Civil (RENIEC); a organización do proceso electoral correspondeulle á Oficina Nacional de Procesos Electorais (ONPE); e finalmente, ao Xurado Nacional de Eleccións (JNE) correspondeulle fiscalizar a legalidade do proceso, proclamar os resultados electorais, outorgar as credenciais correspondentes ás autoridades electas, revisar en grao de apelación as resolucións expedidas en primeira instancia polos Xurados Electorais Especiais e resolver en definitiva as controversias sobre materia electoral.

Candidaturas presidenciais[editar | editar a fonte]

A seguinte lista presenta as alianzas ou agrupacións políticas e os partidos políticos que as conforman. Non se inclúen os movementos rexionais nin os movementos ou partidos políticos nacionais non inscritos no Xurado Nacional de Eleccións (JNE).[1]

Cédula de sufraxio no distrito electoral de Lima.
Agrupación política Partidos Candidato presidencial Candidato 1º vicepresidencia Candidato 2º vicepresidencia
Alianza Gana Perú Partido Nacionalista Peruano
Ollanta Humala
Marisol Espinoza
Omar Chehade
Alianza Perú Posible Acción Popular
Alejandro Toledo
Carlos Bruce
Javier Reátegui
Perú Posible
Somos Perú
Alianza por el Gran Cambio Alianza para el Progreso
Pedro Pablo Kuczynski
Máximo San Román
Marisol Pérez Tello
Partido Humanista Peruano
Partido Popular Cristiano
Restauración Nacional
Alianza Solidaridad Nacional Cambio 90
Luis Castañeda Lossio
Augusto Ferrero Costa
Carmen Rosa Núñez
Partido Solidaridad Nacional
Siempre Unidos
Todos por el Perú
Unión por el Perú
Fuerza 2011 Fuerza 2011
Keiko Fujimori
Rafael Rey
Jaime Yoshiyama
Renovación Nacional
Justicia, Tecnología, Ecología Justicia, Tecnología, Ecología
Humberto Pinazo
Wilson Barrantes
Víctor Girao
Partido Despertar Nacional Partido Despertar Nacional
Ricardo Noriega
Martina Portocarrero
Roberto Villar
Partido Fonavista del Perú Partido Fonavista del Perú
José Ñique de la Puente
Andrés Alcántara
Cecilia Grados Guerrero
Partido Fuerza Nacional Partido Fuerza Nacional
Juliana Reymer
Julio Macedo
Sergio Gallardo
Partido Político Adelante Partido Político Adelante
Rafael Belaúnde Aubry
Luis Destefano
Sixto Vilcas

O Partido Aprista,[2] o Partido Descentralista Fuerza Social[3] e Cambio Radical[4] non presentaron candidatos presidenciais, pero si candidatos ao Congreso da República e ao Parlamento Andino. Nos dous primeiros casos os candidatos presidenciais (Mercedes Aráoz e Manuel Rodríguez Cuadros, respectivamente) renunciaron antes das eleccións.

Sondaxes[editar | editar a fonte]

Primeira volta[editar | editar a fonte]

  • Elección presidencial:
Data Enquisadora Keiko Fujimori Ollanta Humala Alejandro Toledo Luis Castañeda Pedro Pablo Kuczynski
01/2010 Ipsos Apoyo [1] 18% 15% 9% 23% 3%
02/2010 Ipsos Apoyo [2] 21% 13% 9% 22% -
03/2010 Ipsos Apoyo [3] 20% 12% 11% 20% -
04/2010 Ipsos Apoyo [4] 18% 14% 12% 22% 2%
05/2010 Ipsos Apoyo [5] 18% 13% 13% 22% 2%
06/2010 Ipsos Apoyo [6] 22% 13% 12% 21% 2%
07/2010 Ipsos Apoyo [7] 22% 12% 14% 20% 2%
08/2010 Ipsos Apoyo [8] 20% 12% 14% 20% 2%
08/2010 Datum [9] 20% 12% 14% 19% -
08/2010 Imasen [10] 19.7% 13.6% 12.1% 20.2% 1.7%
09/2010 CPI [11] 19.6% 9.8% 14.6% 23.1% 1.2%
09/2010 Datum [12] 23% 12% 14% 21% 2%
09/2010 Ipsos Apoyo [13] 24% 14% 16% 19% 2%
09/2010 IMA [14] 25.2% 11.8% 19.3% 20.1% -
10/2010 Datum [15] 24% 11% 16% 26% 1%
10/2010 Ipsos Apoyo [16] 23% 11% 16% 24% 2%
11/2010 CPI [17] 19.6% 8% 20.5% 24.1% 1.2%
11/2010 Ipsos Apoyo [18] 20% 10% 20% 24% 3%
11/2010 Idice [19] 20.8% 13.7% 20.7% 23% 1.9%
12/2010 IOP [20] 22% 9% 22% 25% 1%
12/2010 Datum [21] 22% 10% 26% 21% 2%
12/2010 IMA [22] 22.8% 9.1% 28.6% 21% -
12/2010 CPI [23] 19.3% 9.8% 22% 24.6% 3.3%
12/2010 Ipsos Apoyo [24] 20% 11% 23% 23% 5%
12/2010 IMA [25] 17.4% 10.1% 27.3% 22.8% 5.8%
01/2011 Datum [26] 20% 10% 27% 22% 4%
01/2011 CPI [27] 18.8% 11.7% 25.2% 22.2% 5%
01/2011 Ipsos Apoyo [28] 22% 10% 27% 19% 5%
01/2011 Imasen [29] 20.3% 12.1% 30.7% 21.3% 5%
02/2011 IOP [30] 20.3% 12% 28.6% 17.5% 3.6%
02/2011 Datum [31] 20% 10% 30% 19% 5%
02/2011 CPI [32] 17.6% 10.4% 30.2% 20.2% 4.3%
02/2011 Ipsos Apoyo [33] 22% 12% 28% 18% 6%
02/2011 IMA [34] 20.7% 11% 36.5% 19.9% 4.4%
02/2011 Datum [35] 19% 11% 28% 19% 5%
02/2011 Idice [36] 19% 15% 26% 24% 7%
02/2011 Ipsos Apoyo [37] 21% 14% 28% 17% 6%
02/2011 CPI [38] 18.8% 13.4% 28.4% 20.1% 6.4%
03/2011 Datum [39] 18% 13% 29% 18% 7%
03/2011 Imasen [40] 19.2% 14.1% 30% 19.6% 6.4%
03/2011 IOP [41] 19.3% 15.5% 26.6% 17.3% 10.6%
03/2011 Ipsos Apoyo [42] 19% 15% 26% 17% 9%
03/2011 Ipsos Apoyo [43] 19% 17% 23% 14% 14%
03/2011 Datum [44] 17% 18.5% 20.2% 15.5% 12.7%
03/2011 CPI [45] 20% 15.7% 20.5% 17% 14.9%
03/2011 Datum [46] 16.1% 17.6% 19.4% 15.5% 17.5%
03/2011 CPI [47] 19% 21.2% 18.6% 15.5% 16.1%
03/2011 Ipsos Apoyo [48] 22.3% 22.8% 21.6% 15% 15.8%
03/2011 IMA [49] 17.6% 21.9% 23.9% 13.8% 16.9%
04/2011 Datum [50] 16.4% 21.4% 17.4% 12.6% 17.5%
04/2011 IOP [51] 20.3% 26.9% 20.8% 13.3% 18.5%
04/2011 IMA [52] 17.8% 26.1% 22% 11.9% 15.7%
04/2011 Imasen [53] 18.1% 25.1% 20.4% 11.9% 16.3%
04/2011 CPI [54] 19.1% 28.7% 19.6% 14% 17.8%
04/2011 Ipsos Apoyo [55] 20.5% 27.2% 18.5% 12.8% 18.1%
04/2011 Datum [56] 19.4% 26.5% 16.7% 10.1% 15.6%
  • Elección parlamentaria:
Data Enquisadora Perú Posible Fuerza 2011 Partido Solidaridad Nacional Gana Perú Alianza por el Gran Cambio APRA
01/2011 Datum [57] 22% 15% 17% 6% 4% 5%
02/2011 Datum [58] 23% 16% 13% 5% 4% 2%
02/2011 Datum [59] 15% 11% 11% 5% 5% 3%
02/2011 Ipsos Apoyo [60] 19% 15% 12% 9% 6% 5%
02/2011 Ipsos Apoyo [61] 21% 14% 10% 7% 5% 5%
02/2011 CPI [62] 15.9% 11.3% 10.1% 6.3% 5.6% 4.1%
03/2011 Datum [63] 18% 11% 10% 5% 5% 4%
03/2011 Imasen [64] 26.8% 10.6% 9.7% 8.6% 7.3% 4.4%
03/2011 Ipsos Apoyo [65] 19% 12% 10% 8% 7% 5%
03/2011 Ipsos Apoyo [66] 16% 13% 9% 9% 8% 5%
03/2011 Datum [67] 13.3% 10% 10.3% 6.4% 6.8% 3.6%
03/2011 CPI [68] 18.3% 25.8% 13% 14.3% 11.2% 10.2%
03/2011 Datum [69] 13.6% 11.7% 10.2% 9.3% 10.4% 5.2%
03/2011 Ipsos Apoyo [70] 18.7% 21.8% 13.3% 16.9% 12.8% 7.9%
03/2011 CPI [71] 11.5% 12.8% 9.4% 10.4% 8.6% 5.2%
04/2011 IOP [72] 20% 18% 12% 17% 16% 8%
04/2011 CPI [73] 14% 22% 13.1% 18.6% 14.1% 9.7%
04/2011 Ipsos Apoyo [74] 17.4% 19.4% 9.2% 19.4% 13.2% 7.1%

Segunda volta[editar | editar a fonte]

Data Enquisadora Ollanta Humala Keiko Fujimori
04/2011 Ipsos Apoyo [75] 42% 36%
04/2011 CPI [76] 40.6% 36.8%
04/2011 Datum [77] 41.5% 40.3%
05/2011 Imasen [78] 42% 37.8%
05/2011 Ipsos Apoyo [79] 39% 38%
05/2011 IOP [80] 40.7% 40.5%
05/2011 Datum [81] 40.0% 39.1%
05/2011 Ipsos Apoyo [82] 42.3% 43.8%
05/2011 Datum [83] 37.9% 40.6%
05/2011 Ipsos Apoyo [84] 42.0% 43.9%
05/2011 CPI [85] 47.1% 52.9%
05/2011 Imasen [86] 41.6% 39.7%
05/2011 Datum [87] 40.2% 46.0%
05/2011 Datum [88] 41.8% 45.4%
05/2011 Ipsos Apoyo [89] 42.4% 44.8%
05/2011 CPI [90] 37.1% 42.9%
05/2011 Datum [91] 40.8% 45.0%
05/2011 Datum [92] 41.8% 46.9%
05/2011 IOP [93] 43.7% 44.2%
05/2011 Imasen [94] 43.8% 42.5%
05/2011 Ipsos Apoyo [95] 42.6% 43.5%
05/2011 CPI [96] 41.5% 44.6%
05/2011 Datum [97] 42.5% 46.6%
06/2011 Ipsos Apoyo [98] 43.9% 45.8%
06/2011 CPI [99] 50.5% 49.5%
06/2011 Datum [100] 45.5% 46.5%
06/2011 IOP [101] 47.0% 43.8%
06/2011 Imasen [102] 50.8% 49.2%
06/2011 Ipsos Apoyo [103] 51.9% 48.1%
06/2011 Datum [104] 50.8% 49.2%

Resultados[editar | editar a fonte]

Primeira volta[editar | editar a fonte]

Votos na primeira volta. En vermello e rosa as rexións onde se impuxo Ollanta Humala, en laranxa e dourado as rexións onde o fixo Keiko Fujimori, en fucsia as rexión de Pedro Pablo Kuczynski e en verde, Alejandro Toledo.

Resultados oficiais da ONPE co 100% das actas contabilizadas:[5]

Organización política Votos % Votos válidos % Votos emitidos
Ollanta Humala - Alianza Gana Perú 4.643.064 31,720% 27,803%
Keiko Fujimori - Fuerza 2011 3.449.595 23,566% 20,657%
Pedro Pablo Kuczynski - Alianza por el Gran Cambio 2.711.450 18,524% 16,236%
Alejandro Toledo - Alianza Perú Posible 2.289.561 15,641% 13,710%
Luis Castañeda - Partido Solidaridad Nacional 1.440.143 9,839% 8,624%
José Ñique de la Puente - Partido Fonavista del Perú 37.011 0,253% 0,222%
Ricardo Noriega - Partido Despertar Nacional 21.574 0,147% 0,129%
Rafael Belaúnde Aubry - Partido Político Adelante 17.301 0,118% 0,104%
Juliana Reymer - Partido Fuerza Nacional 16.831 0,115% 0,101%
Humberto Pinazo - Justicia, Tecnología y Ecología 11.275 0,077% 0,068%
Votos válidos 14.637.805 100% 87,653%
Votos en branco 1.477.696 8,849%
Votos nulos 584.233 3,498%
Votos emitidos 16.699.734 100%

Segunda volta[editar | editar a fonte]

Votos na segunda volta. En vermello as rexións onde gañou Ollanta Humala e en laranxa as rexións onde gañou Keiko Fujimori.

A segunda volta electoral realizouse o 5 de xuño de 2011 entre os candidatos máis votados da primeira vuelta: Ollanta Humala de Gana Perú e Keiko Fujimori de Fuerza 2011.

O 29 de maio celebrouse o debate presidencial entre Keiko Fujimori e Ollanta Humala, onde ambos tiveron oportunidade de presentarlle á cidadanía as súas principais propostas.

Ambos candidatos foron amplamente criticados polos seus antecedentes no tema de dereitos humanos. Keiko Fujimori foi acusada de seguir vinculada co réxime do seu pai Alberto Fujimori, quen manipulou, a través de corrupción, subornos e extorsións, os medios de comunicación e institucións de goberno para lograr unha concentración de poder, segundo documenta Newsweek.[6] Humala foi acusado de violar os dereitos humanos da poboación civil, cando estivo destacado nas zonas de Madre Mía e Aucayacu, na selva peruana.[7] Así mesmo, cuestionouse a súa relación co presidente venezolano Hugo Chávez.[8]

Finalmente, a ONPE proclamou como gañador da elección a Ollanta Humala.[9]

Organización política Votos % Votos válidos % Votos emitidos
Ollanta Humala - Alianza Gana Perú 7.937.704 51,449 % 48,205 %
Keiko Fujimori - Fuerza 2011 7.490.647 48,551 % 45,491 %
Votos válidos 15.428.351 100% 93,696 %
Votos en branco 116.335 0,706 %
Votos nulos 921.711 5,598 %
Votos emitidos 16.466.397 100%

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Organismos electorais: