El visitante (filme de 2022)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El visitante
Ficha técnica
Título orixinalEl visitante
DirectorMartín Boulocq
ProdutorMartín Boulocq
Andrea Camponovo
Hernán Musaluppi
Santiago López Rodríguez
Alvaro Olmos Torrico
GuiónMartín Boulocq
Rodrigo Hasbun
IntérpretesSvet Mena
Enrique Araoz
FotografíaGermán Nocella
MontaxeIrene Cajias
EstudioCQ Films
Empatía Cinema
EstreaTribeca: 11 de xuño de 2022
Duración86 minutos
Orixe Bolivia
Uruguai
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt12065036 Editar o valor em Wikidata

El visitante é un filme boliviano-uruguaio de 2022 dirixido por Martín Boulocq e escrito por Boulocq e Rodrigo Hasbun.[1] Conta a historia de Humberto que busca recuperar o vínculo coa súa filla e ofrecerlle unha vida digna despois de saír do cárcere, aínda que conseguir a súa custodia será moi difícil.[2] Está protagonizado por Svet Mena e Enrique Araoz.[3] Foi escollido como candidato de Bolivia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[4] mais finalmente non foi nomeado.

El visitante estreouse internacionalmente na 20ª edición do Festival de Cinema de Tribeca o 11 de xuño de 2022,[5] onde gañou premio ao mellor guión no Concurso Internacional.[6]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Humberto é un cantante que acaba de saír do cárcere, e o seu maior desexo é reencontrarse coa súa filla e ofrecerlle unha vida digna. Porén, os avós da nena, pastores evanxélicos, non están dispostos a renunciar facilmente á custodia da súa única neta.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Enrique Araoz como Humberto
  • Svet Mena como Aleida
  • César Troncoso como Pastor Carlos
  • Mirella Pascual como Elizabeth
  • Teresa Gutiérrez como Norma
  • Romel Vargas como Joaquín

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El visitante". Cinemateca Uruguaya (en castelán). Consultado o 2023-09-05. 
  2. Cadena, Patricia (2023-03-01). "Tras sobresalir a nivel internacional, la película boliviana 'El visitante' se estrena en el país". eju.tv (en castelán). Consultado o 2023-09-05. 
  3. "Svet Mena y Enrique Araoz, dos noveles actores como protagonistas de El visitante". ATB Digital (en castelán). 2023-02-26. Consultado o 2023-09-05. 
  4. ""El Visitante" y "Los de Abajo" representarán a Bolivia en los Oscar y Goya, respectivamente". RC Noticias de Bolivia (en castelán). 2023-09-03. Consultado o 2023-09-05. 
  5. "El poder del evangelismo en Bolivia ambienta un filme destacado en Tribeca". SWI swissinfo.ch (en castelán). 2022-06-11. Consultado o 2023-09-05. 
  6. "Filme boliviano "El visitante" gana mejor guion en Festival de Tribeca en Nueva York". Opinión Bolivia (en castelán). 2022-06-16. Consultado o 2023-09-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]