El viaje a ninguna parte
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El viaje a ninguna parte (homónimos).
| A viaxe a ningures | ||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|
||||||||||||||
|
El viaje a ninguna parte (en galego A viaxe a ningures), é o título dunha novela de Fernando Fernán Gómez publicada en 1985. Deu nunha película en 1986.
[editar] Argumento
Trátase dunha homenaxe os cómicos e para iso , conta a historia de Carlos Galván, o fillo do director dunha pequena e familiar compañía de teatro (Iniesta-Galván) que percorre os camiños da España do franquismo.
A figura central na historia é un home de mediana idade ao que acompañan seu pai, seu fillo, unha curmá moza, outra prima e seu home; e unha medio noiva do personaxe central.
Conta a vida desta xente e de como teñen que ir cambiando coas circunstancias; como algúns deles deciden tomar outro camiño e abandonar o teatro... É interesante a figura do «jodío peliculero»; personaxe co cal Fernán Gómez narra como as pantallas de cine e os cines de barrio foron restándolle protagonismo a estas compañías de teatro.