El Tambre (1920)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Tambre
LocalidadeSantiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

El Tambre foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1920.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario defensor de los intereses de la Región, apareceu en decembro de 1920.[1] Foi unha publicación de carácter propagandístico do candidato José María Paramés, que obtivo a acta de deputado a Cortes polo distrito de Muros-Negreira nas eleccións xerais de 1920. Defendía os intereses do Partido Conservador. Só se conserva o número 2, editado o 29 de decembro de 1920.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 11-12-1920, p. 1.