El Magisterio de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Magisterio de Galicia
LocalidadeA Coruña
editar datos en Wikidata ]

El Magisterio de Galicia foi un periódico editado na Coruña entre 1880 e 1930.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Titulado inicialmente El Boletín del Magisterio de segunda enseñanza, apareceu o 10 de xaneiro de 1880, aínda que xa viña publicándose con outro título dende 1877. Estaba dirixido por José de Viazcochea e tiña como redactor e administrador a Eduardo Villardefrancos. Aparecía tres veces ao mes.[1] Cambiou o seu título por El Magisterio de Galicia co subtitulado Semanario profesional en xaneiro de 1901.[2] Estivo dirixido por Carlos Arias Andreu.[3] Aínda se publicaba en 1930.[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Ilustración Gallega y Asturiana, 18-9-1881, p. 10.
  2. El Eco de Santiago, 14-1-1901, p. 2.
  3. El Norte de Galicia, 9-2-1903, p. 2.
  4. El Magisterio Español, 29-9-1930, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]