El Lince (Mos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Lince
editar datos en Wikidata ]

El Lince foi un periódico editado en Mos entre 1915 e 1917.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Apareceu o 16 de marzo de 1915.[1][2] Dirixido por Serafín Antonio da Cruz. Entre os seus colaboradores figuraron Manuel Paz Varela, José María Lorenzo Taibo e Francisco Fornos Martínez.[3] O seu director foi denunciado polo caciquismo local e xulgado na Audeincia de Pontevedra o 11 de agosto de 1917, sendo defendido por Claudio Contreras Valiñas.[4] Continuaba publicándose en decembro de 1917.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Tea, 2-4-1915, p. 2.
  2. Nova Galicia, 2-5-1917, p. 3.
  3. El Progreso, 23-12-1916, p. 2.
  4. Nova Galicia, 5-12-1917, p. 2.