El Clamor Público

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Clamor Público
LocalidadeFerrol
editar datos en Wikidata ]

El Clamor Público foi un periódico que se editou en Ferrol entre 1889 e 1901.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario Republicano, apareceu en 1889. Tivo unha segunda época que comezou en agosto de 1899 substituíndo ao semanario La Unión.[1] Entre os seus redactores figurou Francisco Fernández García "Pedrosa", que foi o seu director en 1900.[2] Contaba con varias seccións como "Artículo de fondo", "Guía del viajero", "Notas reporteriles" e "Noticias varias". Editábase na imprenta de Román Torres. Cesou a súa publicación o 10 de agosto de 1901.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Idea Moderna, 3-8-1899, p. 2.
  2. El Correo Gallego, 12-1-1900, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]