El Biscella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«El Biscella»
single de Giovanni D'Anzi
Alfredo Bracchi
Lanzamento 1960
Formato {{{formato}}}
Gravada
Xénero musical popular
Lingua(s) Milanés
Duración 2:20
Discográfica
Produtor(es)
Escritor(es) Alfredo Bracchi e Giovanni D'Anzi
Miscelanea {{{miscelanea}}}
Porta Ticinese, o barrio de Milán onde vive "El Biscella".

"'El Biscella" («O rizado» [1]) é unha canción milanesa, cuxa letra foi escrita por Alfredo Bracchii, e cuxa música foi composta por Giovanni D'Anzi.[2]

Considérase unha das cancións milanesas máis coñecidas, sendo reproducida en toda Italia e usada coma estereotipo da música en italiano. Foi interpretada, en versións distintas, por D'anzi, Nanni Svampa, Gianni Magni.

Sinopse[editar | editar a fonte]

"Biscella" é unha palabra milanesa que significa "rizado" (derivado de bisc-bish, que significa ourizo), unha especie de matón que tenta intimidar á xente, pero cuxos traxes extravagantes o fan máis cómico que perigoso.[3]

A canción conta a historia deste biscella que vive no barrio de Porta Ticinese que vai ás festas, e que todos rin ás súas costas o seu xeito cómico de bailar e polas súas roupas ridículas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cosa significa Biscella? Lo saprai al Bar Domm
  2. El Biscella 20 10 1969
  3. "Le canzoni a Milano tra il 1918 e il 1950" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de novembro de 2021. Consultado o 24 de xaneiro de 2022.