Ecualizador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un ecualizador é un control de ganancia que incrementa ou diminúe a ganancia de frecuencias específicas sen afectar á ganancia doutros rangos de frecuencias. Este dispositivo é o máis importante de todos os elementos que compoñen a cadea de son, xa que a súa función é a de balancear a través de filtros electrónicos a enerxía do son a través de todo o espectro de audio da voz.

Con propiedade podemos dicir que o ecualizador é o corazón da cadea do procesamento de son. Basicamente, está compostos dunha serie de filtros sintonizados a determinadas frecuencias comunmente chamados “bandas”. Estes filtros electrónicos poden ser de tipo analóxico ou dixital, sendo estes últimos máis precisos e prácticos.

Cada un destes filtros ten a tarefa de amplificar ou reducir a ganancia da frecuencia determinada para a que foi deseñado.

Tipos de ecualizadores[editar | editar a fonte]

Ecualizador gráfico

Gráficos[editar | editar a fonte]

Os ecualizadores gráficos son os máis comúns debido á sinxeleza do seu manexo e á relativa simplicidade do seu deseño. Grazas á súa ampla popularidade dentro da industria do son pola alta demanda do público consumidor, propiciaron unha redución sorprendente nos prezos do mesmo.

Constan dunha serie de resistencias variables a forma de controis deslizantes (un por frecuencia), os cales serven para variar a ganancia da frecuencia en cuestión.

Como cabe esperarse, a súa ganancia mídese en decibelios e estableceuse como rango común de operación limitalos desde –16 dB ata +16 dB.

Na práctica, estes controis, deslízanse de arriba a abaixo para producir o axuste individual de cada banda. Como son relativamente moitas bandas e por ende moitos controis, así como pola posición física dos controis, danos a sensación de estar vendo unha gráfica. De aí o seu nome.

Paramétricos[editar | editar a fonte]

Poden ser análogos ou dixitais pero a diferenza dos ecualizadores gráficos, os paramétricos constan de controis adicionais para un axuste máis fino e preciso. Grazas a estes controis de sintonía fina lógrase un maior control do sinal de son en proceso, acoplándose con exactitude aos variados tons da voz humana ou diversos instrumentos musicais.

Estes controis permiten o axuste dos filtros, en variacións de frecuencia máis pequenas dos mesmos tons coñecidos como “oitavas” e tamén a largura de banda das mesmas.

Unha gran vantaxe dos modelos dixitais é que polo xeral ofrecen máis precisión no manexo dos seus parámetros pois, ao mostrar a lectura dos seus valores, non dan cabida ao erro humano de falsa estimación. Noutras palabras, a baixa resolución permite o axuste de ganancia en incrementos de decibelio en decibelio e de fraccións de frecuencia dos filtros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]