Dublin Metropolitan Police

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Dublin Metropolitan Police (DMP) (en galego Policía Metropolitana de Dublín) foron as forzas de policía de Dublín entre 1836 e 1925, cando reconvertidas na nova Garda Síochána. Tiña unha estrutura e organización similar á Metropolitan Police Service. O seu recrutamento ata 1921 foi esencialmente protestante.

Historia[editar | editar a fonte]

O sistema de policía rural comezou cando Robert Peel (daquela Xefe de Secretaría de Irlanda) creou unha "Forza de Preservación da Paz" en 1816. Este rudimentario corpo de policía paramilitar deseñouse para prover a Irlanda dunha policía rural, remprazando ao sistema de vixiantes do século XVIII, gardas, oficiais e o Exército Británico. Peel continuou ata fundar a Metropolitan Police Service (Policía Metropolitana de Londres).

En 1822 unha nova acta creou catro corpos policiais provinciais cuxa organización fundamentouse nas tradicionais provincias de Irlanda. Estes fusionáronse nun novo e centralizado corpo de policía en 1836, desaparecendo a chamada Forza de Preservación da Paz. Ao mesmo tempo creáronse forzas non paramilitares nas cidades máis grandes como; Dublín, Belfast e Derry. As forzas de Belfast e Derry foron absorbidas pola Forza Nacional por problemas disciplinarios e soamente Dublín mantivo as súas forzas policiais por separado.

A DMP deseñouse dun xeito moi similar á Policía Metropolitana de Londres, non só os uniformes eran indistinguibles, especialmente cando adoptaron o casco e a placa, senón que ámbalas dúas forzas tiñan unha estrutura de organización similar. Máis que por un xefe de policía, o cuerpo estaba comandado por un comisario que non era un oficial de policía, senón un maxistrado portando un comisionado de paz.