Dieudonné Salme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDieudonné Salme

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1836 Editar o valor em Wikidata
Glain, Bélxica (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de marzo de 1911 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Liexa, Bélxica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua valoa Editar o valor em Wikidata


Dieudonné Salme, nado en Glain[1] o 1 de xuño de 1836 e finado en Liexa o 26 de marzo de 1911, foi un escritor belga, autor da primeira novela en lingua valoa, Li Houlot[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedente dunha familia de armeiros, Dieudonné dedicouse primeiro á profesión dos seus devanceiros e logo traballou nos hospicios civís. Comezou a escribir en valón en 1858, difundindo cancións e monólogos en follas volantes. En 1872, Dieudonné Salme fundou e foi o primeiro presidente do Caveau liégeois. A súa poesía recolleuna no volume Tonires et blouwets publicado en 1878. Escribiu pezas teatrais, fundamentalmente comedias, como Quoitte po quoitte que apareceu en 1879. Pero as súas obras máis recoñecidas foron as dúas novelas que publicou Li Houlot (1888), de carácter histórico, e Pitchete (1890).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Integrado no concello de Liexa en 1977
  2. Dieudonné Salme en "Dictionnaire des Wallons"