Destruction Derby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Destruction Derby é un videoxogo de carreiras de coches creado por Psygnosis en 1995 que foi lanzado en varias plataformas: inicialmente tivo a súa orixe en PC e, posteriormente, apareceron as versións para Sega Saturn e PlayStation prácticamente ao mesmo tempo.

Temática[editar | editar a fonte]

En Destruction Derby hai dous modos de xogo básicos. No modo carreira, o que se intenta acadar é quedar por diante dos nosos adversarios. No modo destrución, o obxectivo primordial é saír o mellor parado e vitorioso posible dun verdadeiro ring de batalla de coches.

Aspectos técnicos[editar | editar a fonte]

Destruction Derby posúe gráficos tridimensionais tanto para os coches como para os escenarios, non así para os fondos de pantalla, nos que se emprega un fondo estático tal e como se fixo en Daytona USA. A xogabilidade é un punto forte do videoxogo.