Dermatite seborreica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A dermatite seborreica é unha doenza da pel que ataca o coiro cabeludo e, eventualmente, a face e o torso, provocando a abundancia de oleosidade no coiro cabeludo, desescamación, e manchas vermellas.

Proceso[editar | editar a fonte]

Cando ataca o coiro cabeludo, é mais coñecida como caspa. Pénsase que é provocada pola levedura Malassezia furfur en persoas de baixa capacidade imunitaria e pel graxenta. O fungo pode desenvolverse asintomaticamente, nas persoas afectadas sintomaticamente este fungo esperta unha resposta desfavorábel da epiderme, que se torna inflamada, e desprende escamas de pel, nunha tentativa frustrada de se librar da infección.

Tratamento[editar | editar a fonte]

Parece ser que todo tratamento é paliativo e non acaba ao cento por cento coa doenza. O tratamento recomendado é o uso do ketoconazol, na forma de cremas ou xampús. Xampús con piritiona de zinc e sulfato de selenio poden axudar no tratamento. Aínda que os remedios para casos de sintomatoloxía leve poden ser a través de medicinas que non precisan receita é recomendábel acudir ao dermatólogo antes de comezar un tratamento deste tipo.