Departamento de San Vicente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDepartamento de San Vicente
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 13°38′N 88°47′O / 13.64, -88.78Coordenadas: 13°38′N 88°47′O / 13.64, -88.78
EstadoO Salvador Editar o valor em Wikidata
CapitalSan Vicente Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación161.645 (2007) Editar o valor em Wikidata (136,52 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.184 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1824 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2SV-SV Editar o valor em Wikidata

San Vicente é un dos catorce departamentos que conforman a República do Salvador, na rexión Paracentral. A cidade cabeceira é San Vicente.

San Vicente é a cidade cabeceira do municipio e departamento homónimos. Foi fundada no ano 1635 e chegou a ser capital da república no século XIX. Durante a colonización española, foi unha das localidades máis importantes da Intendencia de San Salvador.

Historia[editar | editar a fonte]

No departamento atopáronse restos e vestixios arqueolóxicos da cultura dos nahuas de kuskatan e dos nonualcos, en municipios como San Cayetano Istepeque, Verapaz, Tepetitán e Tecoluca. O departamento foi creado durante a administración do primeiro xefe de Estado e prócer da Independencia Centroamericana Juan Manuel Rodríguez, o 12 de xuño de 1824 e funcionou como capital do Salvador de 1834 a 1840.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O departamento pertence á zona central da república. Limita polo norte co departamento de Cabañas, polo leste, cos de San Miguel e Usulután, polo sur, con Usulután, La Paz e o océano Pacífico, e polo oeste, con La Paz e Cuscatlán.

O seu punto máis elevedo sitúase nas coordenadas 13.596546, -88.837866,[1] especificamente no volcán Chinchontepec a 2.182 msnm.

División administrativa[editar | editar a fonte]

Distritos[editar | editar a fonte]

Consta de dous distritos que son:

  • San Vicente: San Vicente, Apastepeque, Guadalupe, Tecoluca, Verapaz, Tepetitán, San Cayetano Istepeque.
  • San Sebastián: San Sebastián, San Esteban Catarina, San Lorenzo, Santo Domingo, San Ildefonso, Santa Clara

Municipios[editar | editar a fonte]

O departamento de San Vicente está dividido en 13 municipios:

Municipio Territorio Poboación
Apastepeque 120,56 km² 20 285 hab.
Guadalupe 21,51 km² 6 369 hab.
San Cayetano Istepeque 17,01 km² 6 473 hab.
San Esteban Catarina 78,14 km² 4 147 hab.
San Ildefonso 136,37 km² 10 015 hab.
San Lorenzo 18,71 km² 7 027 hab.
San Sebastián 61,83 km² 15 193 hab.
San Vicente 267,25 km² 52 404 hab.
Santa Clara 124,46 km² 5 145 hab.
Santo Domingo 16,41 km² 7 970 hab.
Tecoluca 284,65 km² 31 711 hab.
Tepetitán 12,81 km² 4 775 hab.
Verapaz 24,31 km² 7 099 hab.

Poboación estimada: 155 265 habitantes (2001) Extensión territorial: 1 184,02 km²

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "13°35'47.6"N 88°50'16.3"W". Consultado o 2020-12-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]