Departamento de Durazno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do departamento no Uruguai

Durazno é un departamento uruguaio que se acha no medio do país e cuxa capital é a cidade homónima.

Conta cunha extensión de 11.643 km² e cunha poboación no 2004 de 58.859 habitantes.

Limita ao norte co departamento de Tacuarembó, ao leste co de Cerro Largo, ao sueste co de Treinta y Tres, ao sur co de Florida, ao suroeste co de Flores e ao noroeste co de Río Negro.