Departamento de Flores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do departamento no Uruguai

Flores é un departamento uruguaio cuxa capital é Trinidad. Ten unha área de 5.144 km² e no 2004 posuía 25.104 habitantes.

Áchase no sudoeste do territorio, limitando polo norte co departamento de Río Negro, polo nordeste co de Durazno, polo leste co de Florida, polo sur co de San José, e polo oeste co de Soriano, tendo polo sudoeste un lixeiro contacto con Colonia.

A denominación de Flores é en homenaxe o brigadier Venancio Flores, quen tivera unha destacada actuación militar e política nas décadas de 1840, 1850 e 1860 e que era natural do mesmo.