Declaración de independencia de Finlandia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A declaración de independencia de Finlandia (en finlandés: Suomen itsenäistyminen) foi adoptada polo parlamento de Finlandia o 6 de decembro de 1917. A través dela, Finlandia deixou de ser un Gran Ducado ligado ao Imperio Ruso, e volveuse un estado soberano e independente. Dende entón, o dia 6 de decembro é festividade nacional en Finlandia.
Documento polo cal a Unión Soviética, baixo o mandato de Lenin, recoñece a independencia de Finlandia