Dalymount Park

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 53°21′42″N 6°16′30″O / 53.361667, -6.275

Dalymount Park
Datos
LocalizaciónPhibsborough, Dublín, Irlanda Irlanda
Construción
Inauguración7 de setembro do 1901
Renovación1999
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións114 x 68
Capacidade10.000 (4.300 sentados)
PropietarioBohemian F.C.
LocalíaBohemian F.C.

Dalymount Park (Gaélico irlandés: 'Páirc Chnocán Uí Dhálaigh') é un campo de fútbol irlandés situado en Phibsborough, no norte de Dublín.

Esta é a casa do Bohemian F.C., na que xoga dende o século XX. Este estadio é chamado tamén "Dalyer". Tamén está considerado "o fogar do fútbol irlandés". Aquí téñense celebrado moitos partidos internacionais da selección irlandesa e moitas finais da FAI Cup.

Panorámica dende o interior de Dalymount Park.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]