Décimo Xunio Bruto Pera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Roma Antiga |
Morte | 264 a. C. valor descoñecido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga |
Período de tempo | Early Roman Republic (en) |
Familia | |
Familia | Junii Bruti (en) e Junii Perae (en) |
Fillos | Marcus Junius Pera (en) , Décimo Xunio Pera |
Pais | valor descoñecido e valor descoñecido |
Décimo Xunio Bruto Pera, (en latín, Decimus Iunius Brutus Pera), nado en data descoñecida e finado no 264 a. C., foi un político e aristócrata romano descendente dunha das familias máis nobres e antigas da República romana.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Os seus fillos Marco e Décimo Xunio Pera só usaron un dos seus cognomen para se distinguiren doutras pólas da gens Xunia.
Segundo fontes antigas, despois da súa morte no 264 a.C. seus fillos Décimo e Marco organizaron as primeiras loitas de gladiadores no Foro Boario, consistentes nunha loita a morte entre varios escravos.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Daremberg e Sanglio (1896), p. 1564
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Daremberg, Charles Victor; Saglio, Edmond (1896). "Gladiator". Dictionnaire des antiquités grecques et romaines, d'après les textes et les monuments. Vol II, 2ª parte (F-G) (en francés). París: Librairie Hacchette et Cª. pp. 1563 e ss.