Corpo de Nissl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Corpos de Nissl")
Imaxe dunha sección histolóxica con tinción de Nissl do hipocampo dun roedor amosando varios tipos de neuronas.

Os corpos de Nissl ou gránulos de Nissl ou tamén denominada substancia cromófila, son acumulacións basófilas, que se atopan no citoplasma de células nerviosas. Reciben o nome por Franz Nissl, neurólogo alemán (1860-1919).

Estes gránulos son retículo endoplasmático rugoso (con ribosomas) e son sitios de síntese de proteínas.

Os corpos de Nissl atópanse no pericarion e na primeira porción das dendritas, faltan no axón e no cono de inicio do axón.

A súa presenza deixa notar unha coloración intensa, xa que teñen gran afinidade polos colorantes básicos ó facer un estudo histolóxico. A presenza de corpos de Nissl pode ser demostrada por unha tinción selectiva desenvolvida por Nissl que se base nunha tinción de anilina usada para marcar gránulos extranucleares de ARN.

Presentan variantes baixo certas condicións fisiolóxicas e no caso de condicións patolóxicas poden se disolver e desaparecer (cariólise).