Coro celestial
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O coro celestial é a xerarquía ou disposición dos anxos no ceo. Tradicionalmente os anxos están divididos en nove coros celestiais e tres tríades. Esta división aparece na iconografía medieval cristiá e no catolicismo non é dogma de fe.
- Primeira traída - Reino dos Ceos
- Serafíns : Louvan eternamente a gloria de Deus. Tocan instrumentos e cantan. Rodean a Deus.
- Querubíns : Gardan a obra de Deus e os camiños que conducen a El. Representados como cabezas aladas.
- Tronos : Rexistran as accións dos homes.
- Segunda traída - Entre o Ceo e a Terra
- Dominacións : Representados como soldados con coroa.
- Virtudes : Portadores de graza e valor.
- Potestades : Executores de prodixios e miragres.
- Terceira tríade - Mundo dos homes
- Principados : Aconsellan ós poderosos, e protexen rexións amplas como poden ser nacións.
- Arcanxos : Segundo a tradición hebrea, hai sete arcanxos, nos textos cristiáns só se mencionan 3. O máis importante é San Gabriel, responsable da Anunciación. Representados cunha espada de fogo, porque na antiga tradición poñían en práctica a ira de Deus. Teñen contacto cos homes pero en misións máis importantes cos anxos.
- Anxos : Mensaxeiros de Deus. Aparecen ós homes baixo a forma dun soldado ou un vagabundo. Representados sen ás e cunha palmatoria. Axudan a cada persoa de xeito individual.
Esta distribución obedece á situación dos anxos respecto a Deus. Así, a primeira tríade está con Deus, a segunda entre o ceo e a terra e a terceira na terra, protexendo ós homes de xeito individual ou colectivo.