Conversa usuario:VecinhosNaron

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola VecinhosNaron. Xa llo comentamos noutras mensaxes aos enderezos IP que usou para editar nos artigos relacionados con Narón, este non é un espazo de opinión nin adecuado para promover ningunha causa. Só se trata dunha enciclopedia, polo tanto debe evitar utilizar estas páxinas como plataforma dun conflito alleo á enciclopedia. Edicións como as que está a realizar segundo as normas da Wikipedia deben desfacerse, indepentemente da posición personal, opinión ou simpatía que poida despertar individualmente en cada un dos colaboradores deste proxecto. Como terá comprobado na páxina Narón mántense unha ligazón a ovilar.com pero se persiste poñendo enlaces noutras páxinas a dito sitio web pasará á listaxe de spam e deberá ser eliminado de todos os artigos. Saúdos. --Moderador 12:33, 22 novembro 2006 (UTC)

A súa resposta da a entender que descoñece o que é a Wikipedia, fai xuízos que nada teñen que ver coa actuación dos usuarios deste wiki. Entre as regras da Wikipedia está o Punto de Vista Neutral (en inglés), a Verificabilidade (en inglés), non ser Fonte primaria (en inglés), etc. A súas edicións redúcense a unha teima persoal e saca conclusións sobre a actuación dos usuarios deste wiki en función deses intereses. Por favor lea a documentación da Wikipedia antes de prexulgar a nosa actuación. Saúdos. --Moderador 13:14, 22 novembro 2006 (UTC)