Conversa usuario:Takhisis~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola Takhisis. Benvido á Galipedia. Boa estadía e bo traballo. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 12:13, 3 abril 2009 (UTC)

Ola, Takhisis. O artigo que creaches titulado Toxicidade dos sales de litio foi marcado cun aviso de copyvio. Iso quere dicir que algúns dos usuarios —eu mesmo entre eles— cren que podería ser unha copia dun texto xa publicado, e que tivese o ©. Se podes dar unha información completa sobre de onde sacaches a información e como elaboraches o artigo, este podería manterse, sempre que, iso si, se lle fixesen os necesarísimos cambios de estilo e forma. Se non, será borrado con certa brevidade. Se tes calquera dúbida, podes preguntarme a min ou a calquera outro usuario. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 18:50, 27 maio 2009 (UTC)

  • Boas, Takhisis. Como ben sabes, o proxecto wikipedia é un proxecto colaborativo, aberto a todos e con ben poucas restricións. Pero esas restricións, esas normas de edición hai que respectalas, cousa que o artigo sobre a toxicidade dos sales de litio non cumpre. Xa falamos do respecto ós dereitos de autor, que é o editor quen debe demostralo, non os demais. Achegas 6 referencias: en dúas delas non se chega a ningures (www.agemed.es e www.vademecum.es); é posible que nalgún lugar desas webs se fale do litio, pero a ligazón que dás non nos permite sabelo). Unha terceira non son quen de abrila (www.scielo.org), polo que non podo opinar. Nas outras dúas (uninet.edu e www.eutimia.com) fálase, efectivamente, do litio e a súa intoxicación. Da sexta, o libro, tampouco podo opinar.
  • O tema que tratas (saúde, intoxicacións, tratamentos) é particularmente sensible -ten presente que os usuarios da Galipedia son de tódolos niveis e non temos por qué saber de farmacoloxía), polo que a necesidade de referencias claras é especialmente esixible. A maiores, a redacción debe ser intelixible para un usuario normal, non especializado. Ti e mailo teu profesor entenderedes perfectamente do que falades, pero os artigos da Galipedia van dirixidos ó público en xeral.
  • Hai máis problemas. A Galipedia regúlase cun Libro de estilo que debemos coñecer e utilizar. Refírome ó formato dos títulos, das seccións, as ligazóns internas, a categorización, etc, etc. Nada disto ten o teu artigo, como podes comprobar doadamente comparándoo con calquera outro artigo da Galipedia. Todo isto é necesario, e os usuarios debemos coñecelo e respectalo (e todo está abondo claro nas páxinas de axuda). Pero polo que parece, ningún dos editores que estades a subir artigos á Galipedia (supoño que todos eses das intoxicacións e da teratoxénese son obra túa e dos teus compañeiros de clase) parecedes estar polo labor de adapta-los textos ó formato wiki.
  • Espero que nos entendamos e que poidamos emendar todos estes problemas sen ter que chegar á traumática solución do borrado. Remato cunha última observación: outra norma da casa é asina-las mensaxes que se escriben. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:09, 27 maio 2009 (UTC)
    • Ola Alba-Takhisis-77.27.48.66. Alégrame ver que nos estamos entendendo e que non te pareceu mal o que chi dixen. Xa verás como todo ten arreglo. Completadas as ligazóns como dis resolves o primeiro problema; a referencia que eu non dou aberta é problema meu (do meu ordenador), e non tes que achegar o pdf para demostralo (se ti dis que aí está, estará e abonda), co mesmo que co libro. Solventado o tema das referencias queda o dos formatos, que solucionas por comparación co que vexas que se fai nutros artigos (falo agora de seccións e ligazóns: esas palabras marcadas en azul -se xa existe o artigo- ou en vermello -se todavía non existe-). Na Galipedia queremos que desde un artigo se poida navegar a outros para amplia-la información. Canto ó da intelixibilidade é difícil de explicar pero poderiamos resumilo colocándose no pelexo do lector non especializado: se ves que unha frase, un concepto, unha medida non é probable que a entenda o lector normal, debes explicalo doutro xeito, con notas a rodapé, parénteses, etc. Escribe sempre pensando que o lector do teu artigo non é estudante de farmacoloxía. Finalmente, a sinatura inclúese automáticamente sempre que cliques na icona de asinar: ó remata-la túa mensaxe, tes que clicar na cuarta icona da deereita nesa botoeira que aparece xusto por riba desta ventá de edición, que semella unha sinatura. Así aparece o teu nome de usuario maila hora e data de edición (engadir ou non Alba é opcional, eu sempre engado o meu nome, "Pedro"). Máis nada. Saúdos e pregunta canto queiras, sen cortarte nada. Pedro --Lameiro (conversa) 10:26, 28 maio 2009 (UTC)


  • Acabo de corrixir un artigo dun compañeiro de teu, o da Toxicidade do paracetamol, para que vos sirva de guía á hora de facerdes outros artigos similares. Botádelle unha ollada e así ides aprendendo. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 19:14, 30 maio 2009 (UTC)
  • Hola, sinto non haber editado o artigo antes pero non tuven tempo ata agora. Axudoume moito o que colgástedes xa corrixido, espero que o meu teña xa o formato adecuado. Saúdos --Takhisis 12:04, 10 xuño 2009 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:45 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)