Conversa usuario:Relâmpago

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido á Galipedia Relâmpago, toda a axuda nova e moi apreciada pola comunidade da wikipedia galega. Por outra parte, debo insistir, como xa fixen na mensaxe que enviei ao enderezo IP que tiña antes de rexistrarse, na revisión dos artigos antes de publicalos. Non só a ortografía (os nomes dos países, as minúsculas nos nomes dos meses,...) tamén algunhas partes do texto que non se axustan ao modelo de escrita de artigos (Exemplo: "Foi un dos máis famosos escritores norte-americanos"), por outra parte o artigo Nouvelle Vague aínda que proceda da wikipedia portuguesa dista moito de facer unha descrición real do que foi ese movimento cinematográfico. É importante para que este proxecto acade un nivel de calidade aceptable o coidado e comprobación dos datos que se publican, por iso, insisto nese punto. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:48, 31 xullo 2005 (UTC)


Os próximos correrão melhor, aguardo... não são artigos rematados mas apenas esboços para continuarem no futuro, o facto de tirar da wikipédia portuguesa é que a tradução é mesmo fácil, mas tem razão em que há que melhorar a qualidade dos artigos, os próximos serão próprios, obrigado

Saudações

--Relâmpago 18:06, 31 xullo 2005 (UTC)

  • Un par de indicacións. Para que apareza o texto mensaxes novas débese deixar a resposta na páxina de discusión do usuario, no meu caso premendo no enlace talk que hai a carón da miña sinatura. Para asinar podes facelo co segundo botón pola dereita da caixa de edición ou con catro ~~~~, escríbense coas teclas ALT+126 . Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:20, 31 xullo 2005 (UTC)
  • É importante que leas, aínda que sexa pouco a pouco, os documentos sobre políticas e normas e as discusións que tiveron lugar na taberna para facerte unha idea de porque chegamos a algúns acordos e porque tomamos certas decisións. Desfixen o cambio de Template:Galiza info porque ese modelo é resultado deses debates e decisións. Iso non quere dicir que non se poida considerar cambiar no modelo algunha cousa (refírome a súa construción) pero neste e outros casos require expoñelo previamente. Probablemente a solución sexa engadir a imaxe que púxeches as que xa existen. Con respecto ao tema de Catro normas para falar e escribir galego unha solución pode ser que no teu espazo de usuario copies o artigo e traballes nel e cando o teñas rematado propoñas á comunidade os cambios para consideralos, o enlace sería User:Relâmpago/Catro normas para falar e escribir galego. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:51, 1 agosto 2005 (UTC)