Conversa usuario:Mundoaudiovisual

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, Mundoaudiovisual, que tal? Vin que na Galipedia creaches unicamenente dous artigos, Oculta identidade e este último, e que se corresponden os dous con filmes dirixidos pola mesma persoa. Lémbroche que a wikipedia non é un sitio para facer promoción de produtos, e que non debemos crear artigos cos que esteamos persoal ou economicamente relacionados. Ademais, neste último caso o artigo non respecta ningunha das normas de estilo da wikipedia. Se tes calquera pregunta, ou se necesitas axuda, non dubides en contactar comigo ou con calquera outro usuario. --Xabier Cid Conversa 19:23, 2 decembro 2008 (UTC)

Vaia, quedoume sen dicir o importante: :) Por non gardar os estilos da wikipedia e por ter bastantes faltas de ortografía, borrei o contido do artigo (daba máis traballo amañalo que facelo de novo). Ademais tamén tiven en conta que era un artigo sobre unha curtametraxe (podiamos dubidar da súa importancia) e o que che explico da promoción persoal, aínda que por esas razóns unicamente non abondaría para facer un borrado rápido. Un saúdo de novo. --Xabier Cid Conversa 19:29, 2 decembro 2008 (UTC)