Oculta identidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oculta identidade

Oculta Identidade é unha serie audiovisual galega, a primeira realizada en lingua galega para internet[Cómpre referencia]. A súa orixe foi un traballo realizado por alumnos da Escola de Imaxe e Son da Coruña baseado na serie española de suspense Motivos Personales realizada en 2005. A súa estrea foi o 11 de marzo de 2008 e en total consta de 9 capítulos de 10 minutos de duración cada un.

A serie é unha idea orixinal do celanovés Bruno Nieto, baseándose en series de éxito como Motivos Personales ou Circulo Rojo. Sen ter nocións no mundo audiovisual e con tan só 19 anos creou a primeira serie para internet de Galicia, Nada es lo que parece.

Argumento 1ª temporada[editar | editar a fonte]

Cristian Pazos, un estudante de 20 anos da escola de Imaxe e Son desaparece. A partir de aí os seus compañeiros comezan unha búsqueda paralela á da policía, unha investigación que verán o seu punto intermedio na xornalista Cayetana Calvó que tratará a toda costa de atopar, sexa vivo ou morto, a Cristian. Tardarán en darse conta en que a solución está en recordar o que pasou 10 anos atrás, algo que cambiaría para sempre as súas vidas.

Argumento 2ª temporada[editar | editar a fonte]

Logo de coñecer as intencións de Cristian Pazos, este decide acabar con todo matando os seus amigos, os poucos que lle quedan. Pero non tardará en darse conta de que agora vivirá realmente o que finxiu durante 30 días. Todo forma parte dun plan.

Equipo técnico[editar | editar a fonte]

  • Bruno Nieto (director e guionista).
  • Óscar Piñeiro (axudante dirección).
  • Paula Mariñas /Escola Imaxe e son / 19audiovisual (produción).
  • Julio Montero (música).

Intérpretes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]