Conversa usuario:Lithivm 1025

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Afonso/Alfonso[editar a fonte]

Nós non mudamos os nomes dos personaxes históricos galegos agás que haxa referencias. Primeiro, na súa época ninguén podía levar oficialmente un nome que non fose en castelán (ou coincidente co castelán), única lingua recoñecida pola administración española pero é que ademais no tempo de Castelao non había case estudos sobre onomástica galega, e poucos identificaban Afonso cunha forma galega, totalmente escurecida por Alfonso, que tamén está recoñecida como unha variante galega, e ademais Castelao non empregou a forma Afonso, agás que teñas informacións do contrario. Xa que logo, para mudarlle o nome teñen que existir referencias de ser esa a forma que se adoita empregar hoxe, e se miras a bibliografía en galego podes atopar Afonso pero tamén moitos, moitos Alfonso para se referir a Castelao. --HacheDous=0 (conversa) 25 de novembro de 2020 ás 18:43 (UTC)[responder]

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola Lithivm 1025. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa. Ti, por exemplo, deixaches unha mensaxe sen asinar en "Conversa usuario:HacheDous=0".

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 7 de febreiro de 2021 ás 18:57 (UTC)[responder]