Conversa usuario:Ferreiroa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lansbricae (Ti dirás) 17:04, 14 xaneiro 2008 (UTC)

Ola vin que fixeches o artigo John Robert Parker Ravenscroft‎ para dirixir ao lector ao artigo John Peel. PAra iso o mellor é que fagas unha redireción para que automáticamente cando alguén procure o primeiro nome lle abra directamente o artigo John Peel. Para iso na páxina John Robert Parker Ravenscroft‎ so tes que poñer#REDIRECT [[John Peel]] e terás feita a redireción. Outra cousa, se os artigos que estás a engadir son traducións doutras wikis para cumplir coa licenza GFDL tes que mencionar expresamente a fonte, o artigo de orixe. Dese xeito respetamos a autoría e facemos máis doada a comprobación de datos e a súa actualización e mellora. Bo traballo. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 17:59, 14 xaneiro 2008 (UTC) Desculpa de novo, non me expliquei ben, o da licenza o pos na caixa de resumo cando gardes (a que está por encima do botón de gardar e non fai falla que quede no artigo. Vin que estás a tentar usar os modelos da wiki es. Cada wiki ten os seus, polo que podes usar os datos nun modelo que exista na Galipedia. Creo que Modelo:Artista musical é o equivalente ao que queres empregrar, un saúdo e se tes dúbidas podes preguntarlle a calquera dos que estemos editando.Desculpa, non quero ser pesado. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 19:12, 14 xaneiro 2008 (UTC)

Ola, Ferreiroa. Eliminei algunhas das redireccións que fixeches aos artigos de lugares de Lalín. Os lugares deben ter o seu propio artigo, non levar ao artigo común da parroquia. Quizais non haxa moita información sobre eles, pero mandar ao artigo da parroquia:

  1. non resolve ningún problema de busca
  2. estamos dando un sinal erróneo, porque se cadra outro editor non crea ese artigo pensando que xa o hai... e en realidade non o hai.

Non me explico moi ben porque xa é algo tarde pra min. Bo traballo, e xa verás como che van saíndo as cousas mellor. Saudiños, e conta comigo pró que queiras--Xabier Cid 03:26, 16 xaneiro 2008 (UTC)

Árbores[editar a fonte]

Ola, Ferreiroa. Borrei a categoría que creaches de árbores de Galicia. Se ben todo o mundo pode crear categorías, hai algunhas que, por ser discutibles, deberían someterse antes á consideración da comunidade. En concreto, a min paréceme moi difícil entender o significado de Árbores de Galicia fronte ao de árbores. O eucalipto e a camelia son árbores de Galicia, por exemplo? O normal nas categorías xeográficas é que unha sexa excluínte de todas as demais: pero é que a Uz branca podería entrar en 180 categorías xeográficas. Non sei se me estou explicando demasiado ben... Vou andar por aquí, por se queres que comentemos algo. Un saudiño. --Xabier Cid 02:10, 23 xaneiro 2008 (UTC)

ligazóns nos resumos de traduccións[editar a fonte]

Boas, grazas polas túas aportacións. Só unha cousiña, cando no resumo poñas que é unha traducción da wiki española (ou doutra) en vez de poñer [[es. NomeArtigo]] poderías poñer [[es:Nomeartigo]], así a ligazón sairá correcta. Recorda tamén que se empregas un traductor automático hai que revisar a traducción, xa que estes traductores non son 100% eficaces. Moitas grazas de novo. Un saúdo --Banjo tell me 11:41, 26 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza[editar a fonte]

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:08, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Títulos dos artigos[editar a fonte]

Ola, nos artigos que estás creando sobre os escritores que levaron o Nóbel, moitas veces titúlalos polo seu nome completo. Iso non é a forma correcta de facelo. Bótalle un ollo a Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos. Un saudiño. --Xabier Cid 00:59, 3 febreiro 2008 (UTC)

Ola, vexo que traduces moitos artigos, iso está ben se se escollen ben os artigos. Non é bo traducir artigos de baixa calidade ou sen fontes ou afirmacións dubidosas. Dígoo polo artigo Sufraxio censitario que traduciches aínda tendo avisos de falta de información na páxina de orixe. Ese tipo de cousas é bo telas en conta. Un saúdo. AlberteSi, digame? 13:45, 6 febreiro 2008 (UTC)