Conversa usuario:84.78.60.237

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 84.78.60.237 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:44, 3 novembro 2009 (UTC)

Toponimia[editar a fonte]

Ola, Ip. Veño de ler o que comentas da Coruña co usuario Prevert e vouche tentar responder eu moi rapidamente pero con claridade abonda: ti podes dicir La Coruña ou A Corunna ou La Corogne ou como che pete pero o único topónimo da cidade é A Coruña. Esta enciclopedia é en galego, e por tanto non hai nada que discutir. Xa nin entro a valorar o que comentas da RAE, que por suposto pode dar as consignas que teña a ben dar, pero para o castelán, non para o galego, onde contamos coa RAG. Anímote a que edites e se tes outras dúbidas non temas en comentalas, pois esta resposta que che dou non é en absoluto unha reprimenda senón un intento de che informar dos procederes que temos nesta wikipedia, que para o caso, como dixo Prevert, se guían polo Nomenclátor da Xunta de Galicia. Un saúdo e a choiar. --Atobar (conversa comigo) 23:44, 3 novembro 2009 (UTC)

--

Ola, se só se fai referencia a un idioma, o galego, sen ter en conta outro, creo que a parte "independentemente da lingua empregada." sobra, se pola contra quérese enfatizar a unicidade do topónimo penso que é necesario afondar no tratamento en castelán do mesmo.

Por outra parte, creo que hai noticias dabondo en 20 anos como para cortar o problema, sen ningún tipo de referencia, e dun plumazo coa cita 4 final, máis cando está tan relacionado o problema coa propia corporación local. O que quero dicir, é que a wiki debería reflectir a realidade das cousas, que son que o topónimo único é A Coruña pero que existe unha discrepancia constante na propia cidade ó longo dos anos, é que as forzas vivas do propio concello non renunciaron simplemente no 2008 ó cambio de nome (como se puido ler nestos días na prensa, por exemplo )

  • Tes que me responder na miña páxina de conversa, non na túa propia, de non ser así corres o risco de que non me entere, pois non me chegad ningunha notificación. E cómpre que asines ao cabo do texto. Faise premendo no cuarto botón pola dereita, o que ten a traza dun garabato. Volvendo e rematando co da Coruña, as leas políticas absurdas non son fonte de información. Non hai 20 anos senón moitos séculos de referencias, e estas non veñen do que diga un político ou ou xornalista senón dos documentos e das fontes lingüísticas que foron aparecendo ao longo da Historia. Neste país, A Coruña chámase A Coruña. A opinión é opinión, os datos son datos. Xa che dixen o do nomenclátor, o da topinimia oficial de Galicia e outros: tócache agora ir dereitiño ás fontes primarias se non mo cres, pero, por favor, non sigas coa teima, porque só nos fai perder tempo, a ti, a min e ao resto de editores. É estúpido querer discutir se o vermello é vermello ou amarelo. Daltónicos hainos en todas as sociedades, esta non é unha excepción. --Atobar (conversa comigo) 00:50, 4 novembro 2009 (UTC)