Conversa usuario:79.149.78.235

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, 79.149.78.235

Ola, 79.149.78.235. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: "Crear unha conta", ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez feito o rexistro, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outra persoa da Galipedia seguindo o procedemento expresado en: Como contactar con outras persoas.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Atobar (conversa comigo) 29 de xuño de 2020 ás 11:27 (UTC)[responder]

Ola, ip. Vexo no teu historial de edición que até o momento só editaches a entrada de Antonio Pichel. Se es ti esa persoa, convén que non edites no teu propio artigo a non ser para corrixires grallas ou unha tarefa similar. Calquera outra cuestión, coméntaa na páxina de conversa e outro editor asumirá o traballo sen ningún problema. Vexo tamén que tes algunhas dificultades de adaptación ao formato wiki e que boa parte do que engadiches é curricular pero non enciclopédico. Cando poidas, bótalle unha ollada a Wikipedia:O que a Wikipedia non é, que seguro che será útil. Un saúdo cordial. --Atobar (conversa comigo) 29 de xuño de 2020 ás 11:27 (UTC)[responder]