Conversa usuario:213.60.12.177

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Borrei Cruña e A Cruña. Como sabes, o topónimo é A Coruña. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:37, 27 de abril de 2010 (UTC)


Enfin... o topónimo será, mais Cruña e A Cruña tamén existen e mesmo son usados polo que as redireccións son correctas. Mesmo na wikipedia en inglés existe a redirección. Se alguén non sabe o que é iso de "Cruña" e busca na Galipedia non vai chegar a "Coruña", logo a galipedia non cumpriria o seu obxectivo. Tamén o topónimo é "A Coruña" e hai unha redirección en "Coruña", tamén o podes eliminar...

--213.60.12.177 00:20, 29 de abril de 2010 (UTC)


  • Entereime de que respondiches de milagre. Tes que o facer na miña páxina de conversa; outramente, non recibo o aviso. Canto a este asunto, supoño que entendes tan ben coma min que unha cousa é redireccionar A Pastoriza/Pastoriza, Coruña/A Coruña e outra ben distinta é Cruña. Non vou entrar nisto. Un saúdo e anímote a que participes do proxecto. --Atobar (conversa comigo) 00:25, 29 de abril de 2010 (UTC)

Estimado compañeiro: se queres podes botar unha ollada á páxina Wikipedia:Toponimia, na que se recolle cal é a política que segue a Galipedia no referente ao emprego de topónimos. Como podes ver, no primeiro punto, Toponimia de Galicia, indícase: Séguese a toponimia oficial segundo a documentación que existe na páxina da Xunta de Galicia: Nomenclátor de Galicia - Toponimia oficial. Un saúdo, espero seguir véndote por aquí. Xoacas(non che sinto?) 13:32, 29 de abril de 2010 (UTC)