Conversa modelo:Lp Laraño

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pardiñas[editar a fonte]

Modifiquei as dúas referencias de Pardiñas de Abaixo e Pardiñas de Arriba polo que indica na INE (Instituto Nacional de Estatísticas) que só aparece unha parroquia: Pardiñas. Investigueino e non aparece en ningún lado de Pardiñas de Abaixo e Pardiñas de Arriba, salvo erro se hai fonte oficial da Xunta de Galicia (necesito que alguén o revise cando antes). Autopistero20502020 (conversa) 7 de maio de 2024 ás 14:21 (UTC)[responder]

@Autopistero20502020: a fonte oficial é o Nomenclátor de Galicia, que recolle Pardiñas de Abaixo e Pardiñas de Arriba. Podes comprobalo aquí. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 7 de maio de 2024 ás 14:25 (UTC)[responder]
@Autopistero20502020: noutra orde de cousas: Pardiñas de Abaixo e Pardiñas de Arriba non son parroquias, senón lugares de Galicia. A parroquia é Laraño, Santiago de Compostela. --Estevo(aei)fálame aquí 7 de maio de 2024 ás 14:26 (UTC)[responder]
@Autopistero20502020: xusto a semana pasada engadín as coordenadas dos dous lugares en d:Q123211460 e d:Q123211459, tomando como fonte a cartografía da Xunta de Galicia (aquí); en "selección de capas" podes ver onde están as entidades de poboación. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de maio de 2024 ás 14:34 (UTC)[responder]
Ola @Estevo,
De acordo, o problema é que necesito os datos da poboación de Pardiñas de Abaixo e Pardiñas de Arriba, xa que na INE non o indica, só aparece "Pardiñas" a secas. Algo que non o comprendo, aínda que se Pardiñas a secas só habitan 150 habitantes en total, como temos que saber os habitantes en Pardiñas de Abaixo e Pardiñas de Arriba?
Nas ligazóns de Nomenclator Galicia, non o pon número da poboación.
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 7 de maio de 2024 ás 14:38 (UTC)[responder]
Ola de novo, @Estevo:
Creei o novo artigo de Pardiñas sen incluírse na lista dos lugares dentro da caixa de lugares de Laraño, polo menos que como é oficial, entón, non estou seguro se poderiamos incluír dentro da caixa ou non, a túa dirás.
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 7 de maio de 2024 ás 15:16 (UTC)[responder]
Ola, @Autopistero20502020: o que se fai nestes casos é igual ca nos artigos O Outeiro de Arriba, San Cosmede de Cusanca, O Irixo e O Outeiro de Abaixo, San Cosmede de Cusanca, O Irixo: créanse os dous artigos, e indícase que o INE e o IGE dan os datos de poboación de forma conxunta. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 7 de maio de 2024 ás 16:11 (UTC)[responder]
Ola de novo, @Estevo:
De acordo, non o coñecía que ten propio Instituto de Estatísticas en Galicia, o Instituto Galego de Estatísticas. Agora vexo que este caso do Outeiro de Abaixo e O Outeiro de Arriba permítese estar xuntos dun mesmo lugar "O Outeiro" o que consta INE e IGE. Ben, diso, vou corrixir e vou a redireccionar Pardiñas a Pardiñas de Abaixo e Pardiñas de Arriba.
Grazas pola axuda e saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 7 de maio de 2024 ás 17:57 (UTC)[responder]