Conversa modelo:Artigo principal

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola a todos. Propoño a seguinte modificación para resaltar un pouquiño e, na miña opinión, estiliza-lo modelo no artigo:

Artigo principal: Artigo principal.

A ver que opinades ou se propoñedes outras cousas ou melloras ou preferides o actual. AlberteSi, digame? 00:29, 28 agosto 2008 (UTC)

A min gústame moito :-). --GallaecioE logo? 01:16, 28 agosto 2008 (UTC)

Pasou algo inadvertida esta conversa. A ver se alguén máis se anima a opinar. Alberte Si, dígame? 21:25, 9 marzo 2009 (UTC)
  • A min tamén me mola, por min adiante :). O que sí habería que diferenciar ben entre este (que creo que debería ir nas categorías) e o Modelo:Ver artigo principal (que quedaría para os artigos e seccións dos mesmos. --Banjo tell me 22:20, 9 marzo 2009 (UTC)
    • Bueno, só unha cousa, eu engadiría negriña no nome do artigo, para que resalte un pouco :) --Banjo tell me 22:21, 9 marzo 2009 (UTC)
    • Na actualidade os dous modelos son o mesmo, xa que un redirixe ó outro, pero por min non hai problema en ter un estilo para as categorías e outro para os artigos. Alberte Si, dígame? 22:31, 9 marzo 2009 (UTC)
Si, máis que nada dígoo porque nas categorías o cadro e a imaxe van quedar moi ben, pero nos artigos creo que non quedaría cómodo. A forma de actuar creo que sería a seguinte:
  • Desfacer a redirección entre os modelos
  • Asegurarse de que os artigos que usen estes modelos ligan todos con Modelo:Ver artigo principal (bot)
  • Asegurarse de que as categorías que usen estes modelos ligan todos con Modelo:Artigo principal (bot)
  • Cambiar o modelo seguindo a proposta de Alberte
Recuperei (máis ou menos) ao bot, polo que podo poñerme con isto hoxe pola tarde-noite se estades dacordo :) --Banjo tell me 07:49, 10 marzo 2009 (UTC)
Por min perfecto. Alberte Si, dígame? 19:36, 10 marzo 2009 (UTC)
  • Boas! Co novo código que lle engadín ao modelo (despois de pelexar con el abondo) xa non fai falta recorrer ao que di Banjo. Un dos motivos polo que non me gusta é porque os editores non o van ter en conta. Agora o modelo interpreta se está incluído nunha categoría ou nun artigo (se non está en ningún destes espazos de nomes móstrase a mensaxe por defecto), así pode dar un texto (Artigo principal: o que sexa.) nos artigos e outro (O artigo principal desta categoría é: o que sexa.) nas categorías. E faino automaticamente! Se lle queredes dar apariencia só para as categorías só hai que modificar a parte correspondente (se non sabedes fágoo eu) e xa está. Por último (isto dígoo para min), a ver se podo limpar o código algo xa que permite usar parámetros ("contido" e "amorce") que na Galipedia non empregamos (que os teñamos é culpa miña ao copialo da Wikipedia en francés). Creo que esta é a mellor solución, ou? Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:50, 21 marzo 2009 (UTC)
  • Coma sempre hai que rendirse aos pés de Toliño... :) Queda xenial así, un só modelo para todo. Para a parte das categorías engadiría o fomato que propuxo Alberte, pero quizáis antes habería que limpar o código como dis. Por min dalle caña, se necesitas algo aquí estamos (aínda que vin o código e está complicao :S ). O que si vou facer có bot vai ser cambiar as inclusións dos modelos para que só se use este, así quedamonos só con este :) --Banjo tell me 19:05, 21 marzo 2009 (UTC)
  • O problema que teño ao limpar o código que sobra (o dos dous parámetros que xa dixen) é que dá erros. Así que mentres non atope o que non podo eliminar teño que recorrer ao método do ensaio-error. Por min tamén adiante cos cambios para as categorías de Alberte! Por hoxe vouno deixar, porque quizais non poida volver editar ata mañá... Deica loguiño! --Toliño Fala aquí comigo 19:12, 21 marzo 2009 (UTC)
Tentei engadirllo así as bravas, pero non hai maneira :(. Definitivamente hai que limpar o código antes... --Banjo tell me 14:29, 24 marzo 2009 (UTC)