Conversa categoría:Árbores de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non sei se ten moito sentido clasificar os árboles que existen en Galicia e noutros sitios como "Árbores de Galicia". Sí tería sentido en especies endémicas galegas, mais que a páxina do amieiro poda estar categorizada en Arbores de Galicia, de España, de Francia, de Alemaña, de Andorra... e así ad infinitum non semella moi lóxico. --Norrin (Fálame) 7 de maio de 2014 ás 14:38 (UTC)[responder]

Só ten sentido para os exemplares concretos, é dicir os clasificados como senlleiros e aqueles outros que por algún motivo sexan relevantes sen entrar nesa clasificación (se hai algún nese caso que non o sei) pero as especies non e como di Norrin para endémicos, o mesmo que animais--Sernostri (conversa) 7 de maio de 2014 ás 14:53 (UTC)[responder]
Temos tamén outras categorías paralelas (fauna de Galicia, fentos de Galicia, arbustos de Galicia...) Non sei se estas categorías terán moito sentido ou non, pero poden dar imaxe da riqueza natural de Galicia. A min non me sobran estas categorías pero teñen o problema evidente de seren moi incompletas: quero dicir que, de existir, deberían incluír tódalas especies presentes en Galicia e non a mínima parte que comprenden hoxe. Esta eiva fai que esta clasificación sexa inútil. Pedro --Lameiro (conversa) 7 de maio de 2014 ás 20:00 (UTC)[responder]