Conversa Wikipedia:Efemérides destacadas/27 de setembro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xavier, vexo unha confusión das datas destas efemérides destacadas. Pedro --Lameiro 13:11, 22 xullo 2007 (UTC).

  • 1858, nace Giuseppe Peano. En en.Giuseppe Peano, nace o 27 de agosto.
  • 1883, erupción do Krakatoa. No artigo Krakatoa dáse a data 27 de agosto. Pero tamén consta como acontecemento do día 27 de outubro.
  • 1965, morre Le Corbusier. No artigo Le Corbusier, tamén morreu o 27 de agosto. E tamén consta como acontecemento do día 27 de outubro
  • 1975, últimas execucións da ditadura franquista. Esta data é correcta
  • 1976, manifestacións e matanza de Soweto.. En en.Soweto dátase o 16 de xuño de 1976, a mesma data que vexo nunha páxina da UNICEF (http://www.unicef.org/spanish/infobycountry/southafrica_34550.html) que xustifica así a escolla do 16 de xulo para conmemora-lo Día do Meniño Africano.
  • 1979, o IRA asasina a Lord Mountbatten. No artigo en. Lord_Mountbatten, tamén se dá a data do 27 de agosto. E tamén consta como acontecemento do día 27 de outubro.

Nin idea, non redactei ese artigo. Só mudei un topónimo... Creo que quen creou o arquivo foi Xosé. --Xabier Cid 14:23, 22 xullo 2007 (UTC)

  • Mmm, aparentemente collin o 27 de agosto en vez do 27 de setembro. Desculpas. --Xosé (✉) 14:33, 22 xullo 2007 (UTC)
    • Eliminados os acontecementos que non corresponden a esta data e feitos os traslados desde o 27 de outubro ó 27 de agosto ou 16 de xuño. Pedro --Lameiro 15:36, 22 xullo 2007 (UTC)