Conversa:Tankōbon

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Boa tarde. Eu fixen unhas modificacións neste artigo, que versa sobre un volume de compilacións dunha serie de mangas (ou de outros escritos) moito común no Xapón. Inserín unha ligazón noutro idioma que acabou sendo revertida, cousa que é perfectamente comprensíbel, mais unha ligazón que dirixía a unha páxina da propia Galipedia tamén o foi!

No segundo deste artigo lese: "Polo regular, os mangas son publicados por primeira vez en revistas de antoloxías de tirada semanal ou mensual (coma Afternoon, Shounen Jump, Hana to Yume)." Están amentadas tres desas antoloxías, a primeira (Afternoon) cunha ligazón da Galipedia, a segunda non. Eu tentei inseri-la ligazón correspondente, que se chama Shūkan Shōnen Jump en galego, e alguén desfíxome esa acción. Houben de pensar que estaba no erro, mais non hai erro ningún: confirmeino ó contrasta-las Wikipedias en portugués, asturiano, castelán e catalán. Todas elas amentan a mesma antoloxía, e case todas (só non a asturiana) fan a ligazón. Por favor, alguén poderíame restabelece-la ligazón ou polo menos contacta-la persoa que a desfixo? Grazas. --RichardAerts01 (conversa) 28 de xullo de 2021 ás 18:54 (UTC)[responder]